Por GC Tendencias | Pontevedra | 24/09/2013 | Actualizada ás 22:01
O proxecto reúne 14 cancións infantís para público familiar interpretadas por Migallas Teatro, con colaboracións de destacados músicos galegos. Entre eles Magoia Bodega e Paulo Nogueira, do grupo Treixadura.
"Este libro-disco está pensado para seguir practicando o xogo e a diversión, recuperar a memoria dos avós e avoas, e contribuír á transmisión da lingua", explican dende a editorial. O lanzamento contará ademais con presentacións en diversas vilas e cidades galegas .
Segundo Grandío, enxeñeiro de son, foi o responsable da gravación no estudio Casa de Tolos, das mesturas e da masterización da música do disco, no que tamén participa tocando o contrabaixo e a guitarra acústica. O libro estará moi pronto á venda nas librarías.
Velaquí un adianto:
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.