Santiago acollerá unha nova homenaxe para reivindicar o papel de Xela Arias

As autoras de XelArias. Palabra á intemperie debaten sobre a contribución desta autora "rebelde" coa achega da directora de Baía Edicións.

Por Galicia Confidencial | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 28/04/2021 | Actualizada ás 09:25

Comparte esta noticia

Continúan os actos de memoria e lembranza na honra de Xela Arias. Conforme a situación sanitaria comeza a mellorar, e coincidindo co limiar do millón de vacinas, Santiago de Compostela acollerá un novo acto en memoria da poeta rebelde que neste 2021 recibe o galardón máximo da literatura galega: o ano das Letras.

Xela Arias
Xela Arias | Fonte: RAG.

A celebración en cuestión terá lugar este xoves 29 de abril ás 18:00 horas e correrá ao cargo da poeta Emma Pedreira e da ilustradora e investigadora musical Laura Romero, que artellarán unha conversa arredor da súa obra conxunta XelArias. Palabra á intemperie. O acto,a punta, desenvolverase de conformidade coas recomendacións establecidas pola covid-19, "nun espazo seguro, con máscara, distancia e ventilación".

A xornada contará tamén coa presenza e achega da directora de Baía Edicións, Belén López Vázquez. As tres mulleres tomarán por obxectivo desenvolver unha aproximación crítica esta obra de conversas literarias e plásticas con Xela Arias, escritora homenaxeada pola Real Academia Galega nas Letras Galegas 2021. O acto terá lugar na terraza do Bar A Gamela.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta