Menchu Lamas e Rosario Álvarez, gañadoras do Premio Otero Pedrayo 2021

Por E.P. | Santiago de Compostela | 10/11/2021 | Actualizada ás 20:42

Comparte esta noticia

A artista viguesa Menchu Lamas e a presidenta do Consello da Cultura Galega, o pontevedresa Rosario Álvarez, serán recoñecidas co Premio Otero Pedrayo 2021.

A presidenta do Consello da Cultura Galega, Rosario Álvarez, nunha rolda de prensa sobre Xela Arias
A presidenta do Consello da Cultura Galega, Rosario Álvarez, nunha rolda de prensa sobre Xela Arias | Fonte: Consello da Cultura.

O certame, dotado con 16.000 euros, está convocado pola Xunta de Galicia e as catro deputacións. Nesta ocasión, a organización está a cargo da institución provincial de Pontevedra.

O xurado, presidido por Carmela Silva, destacou a achega de ambas as premiadas á cultura galega, propostas pola propia Deputación e pola escritora Fina Casalderrey en representación da Real Academia Galega, respectivamente.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta