Máis de 1.000 mozos galegos participaron en varios proxectos para a formación e a mobilidade en Europa

Os alumnos participaron dentro do programa Erasmus+ que ten o obxectivo de apoiar, a través da aprendizaxe, o desenvolvemento educativo, profesional e persoal das persoas.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 20/12/2021 | Actualizada ás 18:17

Comparte esta noticia

Un total de 1.161 mozos galegos participaron durante 2021 en 36 proxectos Erasmus+ e de voluntariado no marco do Corpo Europeo de Solidariedade (CES) co obxectivo de fomentar a formación e a mobilidade da mocidade en Europa.

Así o detallou a directora xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, Cristina Pichel, que participou este luns no Consello Interterritorial de Mocidade, así como no Consello Reitor da Axencia Nacional Española (ANE) de proxectos europeos, que se celebrou en Madrid.

Dos 36 proxectos levados a cabo, 23 formaron parte do programa Erasmus+, que ten o obxectivo de apoiar, a través da aprendizaxe, o desenvolvemento educativo, profesional e persoal das persoas.

Ademais, Erasmus+ busca a cohesión social e o fortalecemento dunha identidade europea, así como ao crecemento sustentable, nun momento no que a sociedade é máis móbil, máis multicultural e está máis dixitalizada.

Os outros 13 proxectos forman parte do programa do Corpo Europeo de Solidariedade (CES). Este programa dá apoio aos mozos de entre 18 e 30 anos que queren involucrarse en actividades de voluntariado en distintos campos, desde a axuda a persoas en situación de necesidade ata o apoio en actuacións ambientais e de saúde dentro e fóra da Unión Europea (UE).

Europarlamento, o Parlamento Europeo en Bruxelas
Europarlamento, o Parlamento Europeo en Bruxelas

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta