Galicia pode actuar como un estado independente dentro da CPLP

A Comunidade dos Países de Língua portuguesa cre que Galicia pode aportar 55,8 millóns de euros e aumentar o espazo económico deste grupo e beneficiarse dun grupo que pode mover o 10% do PIB mundial.

Por Galicia Confidencial | Compostela | 16/04/2014 | Actualizada ás 12:00

Comparte esta noticia

Galicia perfilase como unha das economías máis avanzadas na integración no espazo da Comunidade dos países de língua portuguesa (CPLP). Así o cren algúns dos membros deste grupo de países que teñen en común a lingua portuguesa.

De feito, a integración de Galicia neste espazo está case ao mesmo nivel que a de Guinea Ecuatorial, que pode ser un membro efectivo o vindeiro xullo. Os seus socios cren que a integración de ambas as dúas economías reportaría un impulso de preto de 76 mil millóns de euros ao peso económico do bloque. 

A maior parte dese potencial económico provén de Galicia. Con 2,8 millóns de habitantes, "ten unha economía de preto de 55,8 mil millóns de euros, con importante industria automóbil, téxtil, forestal, entre outras", apuntan.

Lazos de Galicia cos países de fala portuguesa

Será en Xullo cando Guinea Ecuatorial, cuxa economía vale 19,7 mil millóns de dólares (14,2 mil millóns de euros), cando se adhira como membro de pleno dereito á Comunidade dos Países de Lingua Portuguesa. Pola contra, Galicia depende do que diga o Estado español e a CPLP, aínda que a maior parte dos seus membros está a favor desta integración. Así, destacan os importantes lazos históricos e culturais con Portugal, así como a lei aprobada a pasada semana na Cámara galega para impulsar as relacións coa lusofonía; sobre todo cos oito países deste espazo; Portugal, Brasil, Angola, Mozambique, Timor Leste, Guiné Bissau, Sao Tomé e Príncipe e Cabo Verde.

A lei 1/2014, tamén coñecida como lei Paz Andrade, "para o aproveitamento da lingua portuguesa e vínculos coa lusofonia", suliña que o portugués é hoxe a lingua máis falada no Hemisferio Sur e idioma de traballo de 20 organizacións internacionais, como a Unión Europea, e lingua oficial de "nove países e do territorio de Macau, en China".

Destacan desde a CPLP que esta norma tamén recolle que "para a melloría do desenvolvemento social, económico e cultural galego, as autoridades deben promover todas cantas medidas sexan posíbeis para mellor valorizar esta vantaxe histórica". E sen se referir especificamente á CPLP ou ao Fórum Macau, os dous grandes polos diplomáticos e políticos do espazo de lingua portuguesa, a lei galega determina a "participación das institucións en foros lusófonos de todo tipo", nomeadamente económico e cultural. Por iso cren que a incorporación a este espazo pode ser unha boa medida.

De efectivizarse a entrada de Galicia no CPLP, o país funcionaría cuasi de facto como un estado independente para impulsar unhas relacións económicas e culturais privilexiadas cos países de fala portuguesa.

Depende do que diga a CPLP e o Estado español

Con todo, polo momento, non hai nada claro respecto a este asunto. Como xa avanzou o secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, nunha entrevista na RTP, hai "vontade" por parte da Xunta en adherirse a este grupo, "pero depende do que diga a propia CPLP e o Estado español".

A adhesión da Guinea Ecuatorial á CPLP deberá ser realidade xa en xullo, no cumio da organización en Dili, despois de que este país cubra os requisitos esixidos.

O peso económico da Guinea Ecuatorial, que resulta dunha importante industria petrolífera, xa se fai sentir en Portugal, onde recentemente un fondo de investimento público chegou a acordo para comprar unha participación no banco Banif.

Economía forte

Segundo o presidente da Confederación Empresarial da Comunidade dos Países de Lingua Portuguesa (CE-CPLP), Salimo Abdula, o PIB conxunto dos países de lingua portuguesa representa hoxe preto de 4 por cento do total mundial, con tendencia de crecemento.

En recentes declaracións, Abdula prevía que os países de lingua portuguesa poderán representar o 10% do PIB mundial dentro de dez ou quince anos, se os gobernos se xuntaran e apostaran por unha certa comunidade económica.

"Temos condicións, fomos bendecidos, temos recursos naturais de gran dimensión descubertos nos últimos dez anos, temos man de obra moza e, se nos posicionarmos como debe ser, levando a tecnoloxía necesaria para dar máis valías ás nosas riquezas naturais onde elas existen, podemos transformar a CPLP nunha estrela", dixo Abdula á Axencia Lusa.

Ademais, os trocos comerciais entre a China e os países de lingua portuguesa  aumentaron 2,31% en 2013, con 131,4 mil millóns de dólares, co Brasil mantendose como o principal socio económico da China, (89,85 mil millóns de dólares de trocos, 5,11% máis en termos anuais).

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 118 comentarios

32 El príncipe de los moros

Y voy a hacer un articuliño en gaiego (aunque te los tenga todos en casteiano) para ievar la contraria al lusismo, porque te soi así de gañán.

31 Españois a España

Que os españois e españolizados se absteñan de intervir nos asuntos internos dos galegos.

30 Teses de Doutoramento USC

http://chuza.gl/story/na-usc-galego...

1 Patriota

Tranquilo portugués, que hai moito estudante de intercambio e extranxeiro. A crúa realidade é que sodes catro e o voso portuguesismo queda na intimidade ou en foros anónimos coma este. Valor pra máis non hai moito.

29 Só Galego

Antes morto que portugués.

1 O Príncipe dos Mouros

Eu non chego ata ese extremo, pero si estou moi farto dos paletiños que senten vergoña de seren galegos, dos neocolonialismos e dos vendepatrias. Está claro que o lobby lusista pagoulle a GC pola publicación desta nova absurda e absolutamente irrelevante para o pobo galego. A min, calquera organización ou partido político que teña a cabeza posta en Angola ou Timor Leste no canto de tela en Galicia, e nos problemas dos galegos, non me inspira ningún tipo de confianza, en serio. Paréceme patético. Non me importa o que poida acontecer por aquelas latitudes. Aquí cada can que lamba o seu c*rallo.

2 Trapalhada

...e eu farto dos que assumem que por ser reintegrata queres a anexão com Portugal (curioso quando outra gente, isolacionista ela e que se diz independentista vai nas listas do PCE-IU, mas isso é outro tema...). Vós a seguir botando merda... anda que o isolacionismo não terá argumentos sólidos para defender a sua postura, mas não, vós preferides tergiversar, insultar (nalguns casos), inventar supostas posições dos reintegratas,... Isso sim que é patético.

3 Patriota

Xa nos coñecemos todos, e sabemos a quen queredes servir, inda que haxa que ir disimulando. Só hai que ler comentarios anteriores dos portugueses como rusos e galegos como crimeos. Ou que xente apoia esa irreal PortuGaliza que nunca será.

4 Minhoto Português

Não queremos Galegos em Portugal. Não queremos nada com a Galicia. A fronteira entre Portugal e a Galicia devia ser fechada. Os Galegos são castelhanos que estão a tentar destabilizar Portugal. Os galegos no passado mataram milhares de Portugueses nas vossas invasões a Valença,Melgaço e Monção.Mataram pessoas na minha terra em Paredes de Coura quando nos invadiram em 1662 na Batalha de Tranvanca. Os Galegos são assassinos a mando de Espanha e devem ficar espanhóis para sempre.

5 Minho Galego

Ah, ah, «Minhoto Português» não passa de ser um troll castelhano. Falido vassalo do Reino de Espanha que nem sabe que os minhotos dizemos Galiza.

28 ixtlan

A Guiné Equatorial é o único país da África de língua oficial castelhana. Os idiomas mais falados na Guiné Equatorial, o fang e o Pidgin Inglês, não são línguas oficiais. Apesar de a Guiné Equatorial ter decretado que a língua francesa e, mais recentemente, a língua portuguesa como línguas oficiais, elas não são faladas no território. No entanto, na ilha de Ano Bom ainda se usa o chamado Fá d'Ambô, ou seja o Falar de Ano Bom, uma língua crioula de base ibérica. Mantém uma semelhança muito grande com o são-tomense. O presidente da Guiné Equatorial, Teodoro Obiang, decretou que o português seria uma das línguas oficiais, ao lado do espanhol e do francês. Essa proposta ainda não foi, no entanto, validada pelo parlamento. Em Julho de 2012, a CPLP recusou o pedido da Guiné Equatorial de ser aceite como membro de pleno direito desta comunidade; a razão foram (...) as constantes violações dos direitos humanos no país (Wikipédia)

1 ixtlan

Isto é o que di wikipédia. Non fai falta unha investigación moi exhaustiva para darse conta de que esta nova é un dislate. Amigos do GC: un pouco de rigor, por favor. Compara-la situación sociolingüística e glotopolítica de Galicia e Guinea Ecuatorial non ten ningún sentido. Son case como auga e aceite. E utiliza-las estratexias do cruel e sanguinario ditador Teodoro Obiang, que utiliza o tema do portugués (ou o francés) para saír do asedio ó que con razón o somete a comunidade internacional é non só un dislate senón eticamente inaceptable. Non todo vale!!