Por Europa Press / Redacción | A CORUÑA | 27/10/2022 | Actualizada ás 17:34
Un home de 71 anos faleceu en Cambre ao quedar atrapado debaixo do seu vehículo, que cedeu cando trataba de arranxalo no garaxe coa axuda dun gato.
Segundo informa o 112 Galicia, ata o lugar mobilizáronse sanitarios, bombeiros de Arteixo, así como efectivos da Policía Local e do Servizo Municipal de Protección Civil. O 061 informou de que a central de coordinación de Urxencias Sanitarias recibiu ás 13,40 horas a alerta do suceso.
Para acudir ao lugar mobilizouse unha ambulancia asistencial de SVB do 061 e persoal sanitario do centro de saúde de Cambre. Os sanitarios constataron o falecemento do home de 71 anos.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.