A moza detida en Irán está "en boas condicións", según o Goberno

A familia entrou en contacto con ela a través da embaixada.

Por Europa Press / Redacción | A CORUÑA | 14/11/2022 | Actualizada ás 13:54

Comparte esta noticia

O delegado do Goberno en Galicia, José Miñones confirmou que Ana Baneira, a moza coruñesa de 24 anos detida en Irán durante as protestas desatadas tras a morte de Masha Amini -- falecida tras ser detida por levar mal posto o veo-- está "en boas condicións".

Fíxoo, a preguntas dos xornalistas, tras asistir a un acto con estudantes da ESO e no marco das actividades promovidas pola Delegación do Goberno con motivo do 25N, o Día Internacional da Eliminación da Violencia contra as Mulleres.

"Seguimos en contacto co Ministerio de Exteriores e Exteriores coa embaixada", expuxo Miñones sobre o caso. Tamén apuntou que o ministro José Manuel Albares "se puxo en contacto coas autoridades de alí" e que se está facendo o correspondente seguimento.

Miñones trasladou tamén o apoio á familia e pediu "prudencia, serenidade e deixar traballar" ao Ministerio de Asuntos Exteriores e á embaixada española en Irán. Cuestionado se a moza está ben, precisou que os familiares están "en contacto con ela a través da embaixada". "Sabemos que está en boas condicións, pero o importante é seguir avanzando nas negociacións", dixo.

Fotografía de Mahsa Amini nas protestas en Irán.
Fotografía de Mahsa Amini nas protestas en Irán.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta