Un pesqueiro atopa o cadáver dunha muller mentres faenaba preto de Malpica

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 22/12/2022 | Actualizada ás 20:09

Comparte esta noticia

Un pesqueiro de Malpica localizou este xoves o cadáver dunha muller flotando na auga mentres faenaba, preto das Illas Sisargas. Tal e como confirmou a Garda Civil a Europa Press, os feitos ocorreron ao redor das 10,00 horas, cando o 112 deu aviso ao Servizo Marítimo do Corpo, encargado deste tipo de sucesos.

Tras o seu rescate, trasladouse á muller, de mediana idade, ao porto de Malpica, o máis próximo. Alí esperaron a chegada do xuíz de garda para o levantamento do cadáver e o seu posterior traslado a un centro hospitalario, onde se procederá á súa identificación e onde se lle realizará a correspondente autopsia para determinar as causas da morte.

Malpica de Bergantiños co Monte Neme ao fondo onde se instalará unha gran proxecto eólico
Malpica de Bergantiños co Monte Neme ao fondo onde se instalará unha gran proxecto eólico | Fonte: Petón do Lobo

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta