A Xunta desestima "a día de hoxe" un vertedoiro nunha canteira no Val do Dubra porque "non se pode desenvolver"

O director xeral de Planificación Enerxética e Recursos Naturais, Pablo Fernández Vila, indica que o promotor recorreu esta resolución, mentres defende que a Xunta "cumprirá o que marque" a legalidade.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 15/02/2023 | Actualizada ás 14:36

Comparte esta noticia

O director xeral de Planificación Enerxética e Recursos Naturais, Pablo Fernández Vila, informou de que, "a día de hoxe", o proxecto para impulsar un vertedoiro de residuos non perigosos na antiga canteira da parroquia de Niveiro, no municipio de Val do Dubra, "non se pode desenvolver" ao contar cun informe municipal no que se recolle que "urbanisticamente non é compatible".

Así o expuxo en resposta a unha pregunta do PSdeG na Comisión de Industria, onde a deputada Noa Díaz referiuse ao rexeitamento veciñal en Val do Dubra e Trazo a este vertedoiro na antiga canteira de Pedra Facha, que tería consecuencias "nocivas" durante un período de 15 anos. Nese sentido, quéixase de falta de información por parte da Xunta despois de que a técnica municipal emitise un informe contrario ao estar considerado como terreo rústico.

Respecto diso, Fernández Vila indica que o promotor recorreu esta resolución, mentres defende que a Xunta "cumprirá o que marque" a legalidade, xa que o "deber da administración é ofrecer seguridade xurídica".

Ademais, a responsable Planificación Enerxética explicou que o promotor presentou en outubro de 2021 un proxecto de restauración da antiga mina, que está en tramitación administrativa e que "aínda non foi autorizado", no cal se inclúe como "solución prioritaria" este vertedoiro, pero ao contar con informe desfavorable "non podería ser autorizado e quedaría arquivado", polo que o promotor tería que presentar un novo plan de restauración.

Vertedoiro da Areosa
Vertedoiro da Areosa | Fonte: Leandro del Río - Salvemos a Comarca de Ordes

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta