Requisados 400 quilos de marisco na Coruña nun operativo contra o furtivismo

Todo o marisco comisado foi sementado no mar pola confraría da Coruña.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 24/03/2023 | Actualizada ás 15:11

Comparte esta noticia

A Policía Autonómica requisou 300 quilos de ameixa e 100 de ourizo nun operativo contra o furtivismo desenvolvido na provincia da Coruña. En concreto, o operativo, efectuado xunto a vixiantes da confraría da Coruña, permitiu intervir 300 quilos de distintos tipos de ameixa na ría do Burgo e 100 quilos de Canide, en Oleiros.

Como resultado, foron identificadas 12 persoas e tramitáronse outras tantas denuncias por presunta infracción da Lei de pesca de Galicia. Todo o marisco comisado foi sementado no mar pola confraría da Coruña.

O operativo enmárcase no reforzo realizado pola Policía Autonómica no campo da loita contra o furtivismo, en colaboración coa Consellería do Mar. O traballo céntrase en dispositivos dirixidos a impedir a actuación dos furtivos, tanto na actividade extractiva como na venda, transporte e distribución do produto, sen as debidas garantías sanitarias.

Ourizos incautados pola policía nun operativo contra o furtivismo na Coruña.. XUNTA
Ourizos incautados pola policía nun operativo contra o furtivismo na Coruña.. XUNTA | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta