Buscan no río Avia, en Ourense, ao futbolista David García Mitogo, desaparecido desde o xoves

Barállase un posible suicidio, dado que o desaparecido enviou unha serie de mensaxes ao móbil de varios dos seus achegados que soaban a despedida.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 12/05/2023 | Actualizada ás 14:56

Comparte esta noticia

Un amplo dispositivo centralizado nunha ponte sobre o río Avia que une os municipios ourensáns de Arnoia e Ribadavia trata de dar co paradoiro do futbolista David García Mitogo.

O deportista de 32 anos foi visto por última vez á primeira hora da mañá do xoves nun bar de Arnoia, localidade na que residía e onde militaba nas filas do Atlético Arnoia, club da categoría Rexional Preferente.

O operativo está centrado na ponte sobre o río Avia onde na tarde do xoves foi localizado o móbil do futbolista, segundo confirmaron fontes do dispositivo que coordina a Garda Civil e no que tamén participan membros do GES.

Barállase un posible suicidio, dado que o desaparecido enviou unha serie de mensaxes ao móbil de varios dos seus achegados que soaban a despedida. Nacido en Guinea Ecuatorial, Mitogo formouse nas categorías inferiores de Club Deportivo A Morenica e Sociedade Deportiva Ponferradina e desempeñou boa parte da súa carreira en equipos galegos como O Barco, SD Compostela, As Somozas ou Arenteiro.

Un axente da Garda Civil
Un axente da Garda Civil | Fonte: Garda Civil

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta