Por Galicia Confidencial | A Coruña | 02/08/2023 | Actualizada ás 10:53
Veciños de Monfero participarán o próximo 10 de agosto nunha romaría reivindicativa polo día de San Lourenzo, patrón do vento, a quen se lle pedirá coas súas pregarias que "pare a invasión" dos parques eólicos da comarca. A xornada contará cunha misa a cargo do párroco de Xestoso, Luis Rodríguez Patiño, xunto ao Mosteiro de Monfero.
"Os pecados ecolóxicos danan o fogar da humanidade", subliñou o cura. Este pecado ecolóxico, engadiu, "pode incluír alteracións do medio, contaminación excesiva, avaricia, materialismo e calquera outra acción que leve á neglixencia" co medio.
Tras o acto, os asistentes gozarán dunha xornada tranquila e xantar xuntos ao pé dunha carballeira. "As árbores decoradas con flores contribuirán a dar un ambiente familiar protagonizado por veciños de todas as idades", indican os impulsores nun comunicado.
A plataforma veciñal 'Monfero Di Non' rexeita o proxecto da Pena do Corvo, sobre o que presentaron máis de 1.700 alegacións, e o proxecto de Taboada, que proxecta aeroxeradores de 248 metros de altura e que non se dará a coñecer. Antes da protesta festiva, o colectivo reuniuse hai tempo co delegado do Goberno en Galicia.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.