Feridos un adulto e un menor tras saírse da vía e envorcar o seu vehículo en Rois

Segundo informou o 112, o suceso produciuse ás 14,40 horas deste domingo.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 05/05/2024 | Actualizada ás 18:35

Comparte esta noticia

Dúas persoas, unha adulta e unha menor, resultaron feridas tras saírse da vía e envorcar o vehículo no que viaxaban na CG-1.5 ao seu paso polo municipio coruñés de Rois. Segundo informou o 112, o suceso produciuse ás 14,40 horas deste domingo e foi un particular o que alertou dunha saída de vía, que podía haber persoas atrapadas e que no accidente había unha persoa menor implicada.

Por iso, a central de emerxencias mobilizou a Urxencias Santiarias de Galicia-061 que mobilizou o helicóptero medicalizado con base en Santiago, ao GES de Boiro, aos Bombeiros de Boiro e á Garda Civil.

Unha vez no punto, os membros do GES confirmaron que no incidente había dúas persoas feridas: un menor que xa o sacaron do vehículo e un adulto que tiña diversas contusións e que non tivo que ser excarcerado. Aínda que o helicóptero estaba no lugar, as dúas persoas foron trasladadas en ambulancia o centro hospitalario de referencia.

Coche envorcado en Rois. @HELICOSANTIAGO
Coche envorcado en Rois. @HELICOSANTIAGO | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta