Catro feridos, dous deles menores, tras unha colisión en Padrón

O accidente automovilístico ocorreu este domingo pola tarde en Padrón.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 06/05/2024 | Actualizada ás 10:42

Comparte esta noticia

Catro persoas, das cales dúas son menores de idade, tiveron que ser evacuadas o domingo pola tarde despois dunha colisión entre dous coches ocorrida en Padrón (A Coruña). Segundo informa o 112 Galicia, foi un particular quen chamaba á central de emerxencias pouco antes das 20:30 da tarde para alertar dun accidente con dous turismos implicados no quilómetro 78 da N-550, na parroquia de Cruces.

Esta mesma persoa indicaba que había varios feridos, pero que todos estaban liberados e accesibles. Os servizos de emerxencias, ao chegar ao lugar, confirmaron que había catro feridos, dous deles menores, e que todos foran trasladados en ambulancia de Urxencias Sanitarias-061. Mentres tanto, a estrada permaneceu cortada e o GES de Padrón procedeu coas tarefas de limpeza do asfalto.

Ambulancia do 061-Urxencias Sanitarias de Galicia
Ambulancia do 061-Urxencias Sanitarias de Galicia | Fonte: URXENCIAS SANITARIAS-061 - Arquivo

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta