A chamada do tesoureiro do BNG á empresa da Pokemon de parte de Lores

A Operación Pokemon, unha verdadeira telenovela da loita contra a corrupción na política galega, dá un inesperado xiro. A xuíza mandou á Policía rexistrar onte o Concello de Pontevedra na busca de probas de trato de favor a Aquagest, hoxe rebautizada Viaqua e presunto centro da trama corruptora. No sumario figura unha estraña chamada do daquela responsábel das contas do Bloque ao delegado de Aquagest en Galicia, quen vía "moi cariñoso" ao alcalde. O Concello de Pontevedra promete a máxima colaboración coa Xustiza e critica a prolongación da investigación, que nos próximos días pode dar pé a máis rexistros en municipios.

Por Manuel Vilas | Pontevedra | 12/11/2015 | Actualizada ás 08:00

Comparte esta noticia

Fontes oficiais do Concello de Pontevedra consultadas por GC evitaron onte facer comentarios ou valoracións políticas sobre a trama Pokemon. Ofreceron, iso si, datos referidos ao rexistro.

Xosé Gontá, ex-responsábel de finanzas do Bloque, quen contactou con Aquagest por indicación de Lores
Xosé Gontá, ex-responsábel de finanzas do Bloque, quen contactou con Aquagest por indicación de Lores

Contra as 18:30 do martes os axentes de vixilancia aduaneira continuaba rexistrando o Concello. O volume de documentación incautada é tal que os funcionarios tiveron que usar unha camioneta para trasladada. O  municipio explica que isto débese a que a xuíza Pilar de Lara reclamou todos os documentos relacionados con Aquagest, hoxe Viaqua, tanto as contratas adxudicadas como as ofertas rexeitadas e toda a documentación relacionada, que no caso da contrata da auga é numerosa.

As citadas fontes indican que Pontevedra só tiña unha contrata con este grupo, e que foi adxudicada en 1997, cando gobernaba o PP,  por vinte anos, até 2017. Estes datas mostran, na súa opinión, que en Pontevedra non podía haber trato de favor a Viaqua/Aquagest.

Polo contrario, do sumario da Operación Pokemon despréndese que Viaqua/Aquagest, presunto centro da trama corruptora, tiña xa a Pontevedra no punto de mira en 2013, cando  Pilar de Lara ordenou os primeiros arrestos.

GC tamén se puxo en contacto coa empresa para dar a súa versión dos feitos incluídos do sumario. Aquagest/Viaqua, unha das empresas máis importantes do sector e con gran implantación en moitos concellos de Galicia, preferiu non facer comentarios. 

Lores, no centro, alcalde de Pontevedra, entrando a xantar na Casa da Viña en Santiago cando os directivos de Aquagest nunha foto do sumario da Pokemon
Lores, no centro, alcalde de Pontevedra, entrando a xantar na Casa da Viña en Santiago cando os directivos de Aquagest nunha foto do sumario da Pokemon

Segundo figura nos informes e nas fotos aportados pola Policía ao sumario, o alcalde Miguel Anxo Fernández Lores (BNG) xantou con  José Luis Míguez Rey, xerente da empresa e detido na Operación. A comida foi organizada por Aquagest no restaurante a Casa da Viña en Santiago. Os axentes tomaron fotografías do alcalde e resumiron así o encontro: 

Que, aproximadamente a las 14:45 horas , Míguez hace señales con la mano al vehículo Citroen, C* azul , matrícula 65** G**, para que aparque donde se encuentra él. Del coche salen Casimiro González Fernández, que lo conduce, y Miguel Anxo Fernández Lores , Alcalde de Pontevedra. Ambos individuos son recibidos por Míguez, quien después de saludarlos los acompaña hasta la

puerta del restaurante.

“Muy cariñoso”

Despois dese xantar, a Policía intercepta outra conversa da que se desprende que Lores tratou con Míguez a renovación da contrata da auga. En opinión de Míguez, Lores está sendo “muy cariñoso”, polo que non debería haber problema para renovar:

Recordar que el día 17-04-12, sobre las 12:40 horas, José Luis Miguez Rey (teléfono 626+++++++) recibe llamada de Nuria (teléfono corporativo 19850) : Nuria le pasa con un hombre sin identificar (...) Miguez le dice que lo más importante era renovar Santiago pero que se han reunido con el alcalde de Pontevedra que se mostró muy cariñoso con Henry y les pidió que le echasen una mano y la mano es la renovación, Henry está preparando unos números para hacérselos llegar, Pontevedra vence en el 2017.

Chamada do tesoureiro do BNG a Aquagest por indicación de Lores

Vigilancia Aduanera tamén deixa constancia de como o responsábel de finanzas do BNG chamou a outro dos directivos de Aquagest detidos na Operación Pokemon por subornar políticos para “ver cual es la mejor solución para todos”. A chamada para esa reunión foi efectuada dende o número fixo da Sede Nacional do BNG en Santiago e por indicación do alcalde de Pontevedra. Así o resume a Policía:

Que el día 24-05-12, sobre las 15:03 horas, Henry Laiño López (teléfono 650*) recibe llamada de Xosé Gontá (teléfono 9815558**): que llama de parte de Miguel Femández Lores el alcalde de Pontevedra, que no sabe si le comentó él y que era para quedar con Henry y hablar del asunto que hablaron los dos y ver cuál es la mejor solución para todos. Henry dice que sí y para quedare en Rúa del Villar n° 18 está la oficina quedan el lunes a las doce y media. 

Xosé Gontá foi durante moitos anos o responsábel de finanzas do Bloque a nivel galego e administrador de varias campañas electorais. Na conversación, segundo a Policía, acorda quedar co empresario presunto corruptor na sede de Aquagest en Santiago. Velaquí a conversa completa, tal e como transcribiu Vixilancia Aduaneira:

HENRY LAÍÑO FERNÁNDEZ (H): ¿Sí, sí?.

XOSÉ GONTÁ SOBRINO (G): ¿Sí, Henry?.

H: ¿Sí?.

G: Mira, te llamo de parte de Miguel Fernández Lores, el alcalde de Pontevedra...

H: Sí, sí.

G: Me llamo Xosé, Xosé Gontá, no sé si te comentó él...

H: Sí, sí, sí, claro que sí, ¿qué tal, cómo estás?.

G: Mira, eh, vamos a ver, quería quedar contigo si puede ser algún día de éstos, para hablar del asunto que hablasteis los dos...

H: Sí, sí, sí.

G: ... y comentar ahí a ver que solución es la mejor para todos, ¿vale?.

H: Vale, pues, mira yo...

G: Dime tú.

H: ... yo el ... eh, estoy en Santiago, ¿tú dónde estás, en Santiago?.

G: En Santiago, sí.

H: Yo en Santiago estoy el lunes en la mañana.

G:Vale.

H: Por ejemplo, si te viene bien el lunes en la mañana...

G: Perfecto, perfecto, perfecto.

H: ... mi oficina está, mi oficina está en la rúa ... en la rúa del Villar, ¿sabes?, no sé si sabes dónde está, en la rúa del Villar, número dieciocho.

G: Sí.

H: Ahí está mi oficina, si vienes ... por ejemplo a las...

G: Dime una hora.

H: ... pues mira, sobre las doce y media a mí me viene perfecto.

G: Doce y media, perfecto, pues allí estoy.

H: Entre do, entre doce y una, yo hasta las dos estoy allí más o menos, a las dos tengo que

salir pero entre doce y dos estoy allí, ¿vale?.

G: Vale, pues entonces sobre las doce y media me... me... me paso por tu oficina entonces,

¿vale?.

H: Estupendo, gracias, hasta lueguito.

G: Perfecto, pues muchísimas, muchísimas gracias, ¿eh?, un saludo...

H: Nada, a ti, a ti, un saludo, chao.

No sumario aparecen outros contactos entre Lores, concelleiros, funcionarios e os empresarios presuntamente corruptores.  Por exemplo, esta conversa na que o xerente de Aquagest -detido na Pokemon- recibe unha chamada do  director de zona de Aquagest, Casimiro González Fernández, para visitar a Lores no Concello:

Que el día 06/09/2012, sobre las 09:09 horas, José Luis Míguez Rey (teléfono 626+++++++) recibe llamada de Casimiro (teléfono corporativo 80856) Míguez de Casimiro. Quedan a las 09:30 en el Ayuntamiento (de Pontevedra) para ver al Alcalde (Miguel Anxo Fernández Lores).

Ningún membro do Concello nin do BNG de Pontevedra foi imputado até o de agora por este caso, a diferencia do acontecido con outros partidos como o PP ou o PSOE ou o BNG de Ourense ou A Coruña, varios anos despois da apertura da investigación. Con todo, o rexistro de onte indica que De Lara non tirou deste fío con decisión até hoxe. 

As presuntas corrupcións de Aquagest/Viaqua en Galicia están reunidas nunha peza separada, a número catro, dende a primavera de 2014. De Lara atopa indicios de “blanqueo de capitais, falsedade documental, uso de información privilixiada, revelación de información privilexiada, suborno e prevaricación”. A lista de municipios sospeitosos é longuísima, entre eles Santiago de Compostela -nesta peza están imputados o ex-alcalde Conde Roa, o ex-xefe de gabinete Ángel Espadas-; Ourense -onde o ex-alcalde Francisco Rodríguez e a súa parella seguen imputados- e Pontevedra, onde non hai ninguén acusado.

O concelleiro de Réxime Interno deu a cara onte ante os medios para explicar que a Xustiza tiña a máxima colaboración do municipio. Agora ben, Vicente García tamén criticou a De Lara argumentado que “flaco favor fáiselle a Xustiza mantendo estas cousas eternamente, abrindo pezas separadas unha e outra vez”

Ademais de en Pontevedra, De Lara mandou rexistrar onte o Concello de Oviedo. A Policía sospeita que a empresa subornou a varios cargos do PP asturiano, mesmo pagándolles viaxes de ocio e citas con prostitutas.

Os novos rexistros indican que a xuíza pode ordenar actuacións noutros concellos nos que traballa ou traballou Viaqua/Aquagest nos vindeiros días.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 30 comentarios

16 SaúdosPPSOEIROS

¿Isto é todo o que teñen contra Lores? Comparando esta conversa telefónica coa do PP que tiña maioría absoluta en Santiago e vetaba sindicalistas, contrataba pedindo xente cos coñecementos que xusto tiña o aspirante do partido; comparando co PSOE de Valeria e as súas mentiras rexistradas, ou o de Caballero pedindo filiación do sindicato estatal que quere defenestrar a CIG ; comparando coa tendencia a cobrar en black dos de IU; ou coa estupenda xestión do resto de cidades de Galiza sigo a dicir: ¿ Alguén gobernou millor co BNG en Galiza? Pasade das acusacións ás sentenzas se podedes.

15 Vixianciaxusticieira

Se a conversa telefónica que tiveron no PP de Santiago na que se detallaban tácticas de contratación corruptas e vergoñentas non levou a ningunha condea, non sei que poderán sacar desta, que non tén nada, agás o posible eufemismo de "cariñoso", como proba. A diferenza co PPSOE é abismal, non hai comparanza co BNG. Doutra banda, tanto este caso, coma o do Prestige ridiculizan á xustiza ao máximo: No Prestige por incompetencia, demora absurda da sentenza e do xuizo( demora endémica na xustiza, ata o punto en que o Baltar vello ríase de que o foran xulgar cando todos os delitos habían prescrito) e absoluto ridículo na sentenza (para eso si que empregaron o galego); no caso de Pilar, pola inmensa cantidade de intervencións sen ningunha sentenza en firme, con xente agardando máis de nove anos por unha sentenza totalmente irrelevante. Está claro que esta xustiza non ten sentido do ridículo.

14 Ramón Piñeiro Repoludo

É proprio dos infames infamar en marenterraenar en mar ea pois advogado noso, se deixamos o naciomalismo malote dos do Bloque, premia a Nosa Conversión ca tradición hispariota hiscariota hispanota.

13 balbino

Se tódo-los concellos e demáis entidades colaborasen tanto e deran as mismas facilidades para ser investigados a corrupción baixaría a índices inalcanzables hoxe en día.Do Concello de Pontevedra no desapareceu ningún disco duro, ordenadores, documentación... coma noutro sitios, normalmente quen colabora é porque non ten nada que ocultar. A ver se a investigación segue no resto de concellos porque quizás alí si que teñen algo que ocultar e non van topar tanta colaboración.

1 eusi

Tes razon, todo ese material xa foi entregado polo Bnjajaja o primeiro dia por vontade propia nos xulgados. E a polocia tamén lle diria MUCHISIMAS GRAZIAS

2 orubgadi

muchisimas denadas

12 eusi

As "gracias muchisimas gracias" vanlle sair caras a este partiducho tocado de morte morrida por méritos propios

1 5000 euros por non ir

Levas decíndoo anos e mentres van desaparecendo os partidos que creades e afundides.