O BNG urxe ao Goberno central un plan integral de mellora e rehabilitación da N-640

En concreto, pide melloras ao seu paso polas comarcas de Tabeirós e do Deza.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 30/11/2024 | Actualizada ás 17:46

Comparte esta noticia

O BNG urxiu ao Goberno central a realizar un plan integral de mellora, rehabilitación e adaptación da totalidade da N-640. Nun comunicado a formación nacionalista, detallou que rexistrou varias iniciativas nas Cortes para demandar actuacións ao seu paso polas comarcas de Tabeirós e do Deza. As actuacións teñen que abordar e solucionar os problemas derivados da falta de mantemento, os relacionados coa seguridade viaria e a adaptación desa estrada cando atravesen núcleos de poboación, instalando medidas para acougar o tráfico.

"O Goberno do Estado debe realizar un plan integral de mellora e rehabilitación da N-640 atendendo aos problemas derivados da falta de mantemento, de seguridade viaria, as deficiencias do firme, a súa adaptación aos elementos de travesía urbana e o reforzo de medidas para rebaixar o perigo das curvas sinuosas", reclamou a senadora do BNG, Carme da Silva.

N-640 ao seu paso por Cuntis
N-640 ao seu paso por Cuntis | Fonte: Arquivo

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta