Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 18/01/2025 | Actualizada ás 10:55
Dous axentes da Policía Local de Santiago resultaron feridos cando sinalizaban un accidente ocorrido na SC-11, no Castiñeiriño, cando outro coche chocou contra o seu vehículo. O 112 Galicia tivo constancia dos feitos sobre as 3.40 horas da madrugada, a través da chamada da central de emerxencias dun dos vehículos implicados. Ambos os policías necesitaron asistencia sanitaria e foron trasladados ao hospital. Acudiron ao lugar profesionais do 061.
MOTORISTA FERIDO EN MOS
Por outra banda, un motorista resultou ferido no municipio pontevedrés de Mos ao caer por un terraplén no Camiño da Freixa, en Petelos. Os Bombeiros do Porriño axudaron a subir ao home de novo ata a estrada. Foi un particular quen informou ao 112 Galicia do accidente, pasados escasos minutos das 22.30 horas do venres. Os alertadores informaban de que estaban a auxiliar ao implicado, ao que inmobilizaran na parte baixa do terraplén, cunha caída de máis de dez metros. Foron avisados 061, os Bombeiros do Porriño e a Garda Civil de Tráfico.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.