Galicia sofre unha fuga de empresas que estanca a súa economía

Un informe alerta de que moitas empresas prefiren emigrar a outros puntos do Estado favorecendo a deslocalización. González Laxe advirte de que o país se está "afastando daquelas comunidades autónomas máis dinámicas" e se mantén "estancado" no 80% do PIB da media da UE.

Por Galicia Confidencial | Compostela | 08/03/2016 | Actualizada ás 17:48

Comparte esta noticia

Un total de 154 empresas deixaron Galicia no 2015 para trasladar o seu domicilio fiscal a outros puntos de España, mentres que só 135 emigraron doutras autonomías a Galicia. Un balance negativo que supón un estancamento da economía e un retroceso da converxencia do país co conxunto do Estado.

Parque Empresarial de Rianxo
Parque Empresarial de Rianxo | Fonte: seasuelo.com

Son as conclusión dun informe divulgado este luns polo Foro Económico de Galicia que apunta, ademais, que até o 19 de febreiro deste ano, é dicir, nos primeiros 50 días do ano, decidiron marchar do país outras 19 empresas, fronte a 12 que quixeron instalar o seu domicilio fiscal aquí. Un balance negativo en 2015 que continúan, tamén, en 2016. 

As empresas que emigraron de Galicia marcharon, fundamentalmente, a Madrid, Valencia, Andalucía, Cataluña e Castela-León, pero tamén ao norte de Portugal onde o chan, a enerxía, o salario e a presión fiscal son máis baratos. E é que outro informe precedente xa revelaba que os parques empresariais abundan en Galicia, pero carentes de empresas, polo que a rebaixa do prezo do chan, "aínda non é suficiente" para atraer ás empresas.

Por iso, e segundo este foro, Galicia está sufrindo unha fuga de capital como parte do proceso de "deslocalización", a pesar de ter un crecemento, soportado fundamentalmente polo consumo interno, que é insuficiente para poder converxer co resto de España e de Europa. Así, o catedrático de Economía Fernando González Laxe, expresidente da Xunta, critocou na presentación deste documento de que en Galicia “xa son máis o número de empresas que saen que as que entran”.

En todo caso, recoñeceu que a economía de Galicia creceu no último trimestres, polo que está "a saír dos efectos máis directos da crise" iniciada en 2007-2008, aínda que a súa expansión está por baixo da media de España. De feito, suliñou, este crecemento non é suficiente para alcanzar o do resto de España e destacou como especialmente "preocupante" que Galicia se está "afastando daquelas comunidades autónomas máis dinámicas", ademais de manterse "estancada" no 80% do PIB da media da UE.

Parque industrial vacío de Arteixo
Parque industrial vacío de Arteixo | Fonte: googlemaps

E como actuar para erradicar esta situación?. A receita de Laxe pasa por actuar con políticas de "atractivas e de receptividade xeradoras de confianza". “É necesario seguir avanzando na rebaixa do prezo da enerxía, na achega de coñecemento e noutras medidas para evitar esa fuga, esa estampida de empresas”,

Ademais, o informe indica que Galicia rexistrou na primeira fase posterior á crise un crecemento do comercio exterior a consecuencia dos salarios baixos que permitiron mellorar as exportacións, incluído cara a países emerxentes, aínda que esa tendencia cambiou.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 10 comentarios

2 Pedro Navaja

Todos intuimos que un territorio sometido ao reparto internacional do traballo, sen soberanía, é pasto habitual dos monopolios. E aínda con soberanía caro vai custar, pero sen ela esquecédevos, somos irrelevantes. Despois nela hai que ver cal é o papel deste empresariado parasitario que chuchou millons en subvencións e se fixo por catro patacóns co patrimonio público, haberá que ver que se fai con estes trepas.

1 Pedro Navaja

Ao tempo, as 8 fortunas máis grandes de Galiza teñen máis que os de Madrid e Catalunya xuntos.Galiza precisa de políticas auto-centradas cun gran rol das institucións públicas. Alén de que non é Galiza en si, se non as pequenas empresas as que están a perder a partida fronte as grandes, existe un fenómeno xigantesco e mundial de concentración de capital grazas á crise e á ruina dos pequenos. Esa era a estrutura empresarial básica do pais, que agora sofre que os grandes vaian a outros lados, lóxico, sobre todo tendo en conta que o Estado meteu miles de millóns en Madrid e se permite grandes excepcións da menor presión fiscal, todo tipo de incentivos ou singularidades como que Bankia continúa baixo a tutela estatal mentres as caixas galegas foron vendidas ao mellor postor.

1 Pedro Navaja

E esa é outra, existe algunha ferramenta financeira para que unha estrutura empresarial de pequeno tamaño se consolide, gañouse algo en Galiza coa desparición dunha mínima estrutura dese estilo? E alén diso, onde foron parar todos os cartos expoliados ás caixas galegas nestas décadas, porque para constribuir á riqueza no noso país seguro que non. Entón agora que non veñan con falsas solucións: haberá quen diga que o problema é que Galiza non é competitiva debido aos altos salarios. seguro que si. Hai que aplicar unha nova reforma laboral e facilidades para despedir, porque o que hai non lles vale.

2 Volve a burbulla do ladrillo

Vaites! agora te decatas de que vivimos a fase superior e final monopolista do capitalismo?. Onde a economía e capital tende a concentrarse cada vez mais, mentras un sistema en descomposición non é quén de superar as suas crises, cada vez mais graves e frecuentes. Onde a economía ficticia e financieira, opaca a real e de recursos financieiros creando burbullas que sempre pagamos os mesmos. Mentras se apretan as torcas da represión, das guerras imperialista e colonialismo, creando de cortalumes de revoltas e Revolucións das clases populares, a grupos políticos neo facistoides e populistas. Pois ben vido a ralidade