Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 26/01/2025 | Actualizada ás 11:11
A borrasca 'Herminia' mantén a Galicia baixo alerta laranxa debido ao temporal de vento, choiva e fenómenos costeiros, causando un total de 61 incidencias nas últimas horas, segundo informou a central de emerxencias. Os refachos de vento alcanzaron os 162 km/h en Punta Candieira (A Coruña), mentres se rexistraron afectacións en estradas, transporte aéreo e marítimo.
A provincia da Coruña concentrou o maior número de incidencias, con 32 casos, seguida de Lugo (22), Pontevedra (4) e Ourense (3). Entre os concellos máis prexudicados destacan Ordes, Santiago de Compostela e Culleredo na Coruña, e Burela e Cervo en Lugo. En Pontevedra, a cidade homónima rexistrou dous incidentes, mentres que en Ourense, as afectacións localizaron en Boborás, Ourense e San Cibrao das Viñas.
A maioría dos incidentes estiveron relacionados coa caída de árbores e ramas, que sumaron 36 casos. Tamén se realizaron 11 intervencións para retirar obxectos que invadían vías e catro accións preventivas.
Entre os sucesos máis destacados, atópase a caída dunha árbore sobre un coche na LU-122, en Crecente, que causou só danos materiais. Noutra estrada, a DP-1914 en Tordoia, un vehículo chocou contra unha árbore sen provocar feridos. En Culleredo, un turismo tamén impactou contra unha árbore que obstruía parcialmente a calzada.
En Burela, o vento desprendeu chapas dun tellado na Avenida de Arcadio Pardiñas, que acabaron sobre as vías do tren, obrigando a interromper a circulación ferroviaria no tramo afectado.
As condicións meteorolóxicas afectaron o transporte aéreo e marítimo. Un voo procedente de Madrid que tiña previsto aterrar en Santiago foi desviado ao Porto, mentres que dous voos con destino a Vigo tiveron que regresar á capital española. Ademais, o transporte de ría entre Moaña, Cangas e Vigo foi cancelado ata novo aviso.
As autoridades instan a extremar as precaucións mentres continúen os efectos da borrasca 'Herminia', que segue causando afectacións tanto en infraestruturas como no transporte e actividades ao aire libre.
VOOS DESVIADOS E TRANSPORTE MARÍTIMO CANCELADO
Por mor deste mal tempo, a circulación aérea tamén sufriu alteracións. Un voo procedente de Madrid que tiña previsto aterrizar no aeroporto de Santiago, tivo que ser desviado ao Porto.
Por outra bandas, outros dous voos procedentes de Madrid con previsión de aterrar en Vigo tiveron que regresar á capital española.
Así mesmo, transporte de ría desde Moaña ou Cangas ata Vigo quedou tamén cancelado ata novo aviso.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.