Alerta vermella por temporal costeiro desde esta madrugada no litoral da Coruña e Lugo

Mantense a alerta laranxa na costa de Pontevedra.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 29/01/2025 | Actualizada ás 14:16

Comparte esta noticia

A Xunta activou a alerta vermella por temporal costeiro desde esta madrugada no litoral da Coruña e Lugo, mentres que se manterá a alerta laranxa na costa de Pontevedra Así, a Dirección Xeral de Emerxencias e Interior da Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes informou, a través do CIAE 112, aos municipios das provincias afectadas, ás Deputacións, servizos provinciais e agrupacións de Protección, clubes náuticos, etc.

Segundo a Axencia Estatal de Meteoroloxía (Aemet), a alerta vermella comezará a partir da próxima medianoite, e afectará os litorais da Coruña e Lugo, por mar combinado do Noroeste con ondas de ata 9 metros, principalmente entre Ortegal-Bares e mar dentro. Mentres, o litoral da provincia de Pontevedra manterá para este xoves o nivel de alerta naraja por vento do Oeste-Suroeste de forza 8 e mar combinado do Oeste con ondas de 7 metros, aumentando a Noroeste con ondas de ata 8 metros.

Á vista destas previsións, a Secretaría Xeral para o Deporte mantén para este xoves a suspensión da actividade deportiva federada no mar para toda Galicia. Para reducir riscos, a Xunta lembra a importancia de manterse afastado da liña de costa (peiraos, diques ou paseos marítimos); non saír a navegar, pescar ou practicar deportes náuticos; respectar os cordóns de seguridade e as indicacións dos axentes e servizos de Emerxencias; entre outros consellos.

Ondas de gran altitude na comarca de Salnés
Ondas de gran altitude na comarca de Salnés | Fonte: Elena Fernández - Arquivo

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta