"Traballan sen usar cofias" e "teñen malas formas", críticas contra as cociñeiras do estudantado de Náutico Pesqueira de Ferrol

Máis dunha vintena estudantes concéntranse no exterior das instalacións situadas en Serantes.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 30/01/2025 | Actualizada ás 13:08

Comparte esta noticia

Algo máis dunha vintena de estudantes da Escola Oficial Náutico Pesqueira de Ferrol, onde se forman entre 80 e 90 persoas, protagonizaron este xoves unha concentración para denunciar o mal funcionamento do comedor. Unha das estudantes deste centro, situado en Serantes e no que hai estudantes internos e outros que residen noutros lugares, Isabel Suárez, explicou que decidiron facer esta protesta para denunciar "o mal funcionamento do comedor" e "as malas formas das cociñeiras".

Segundo censurou, estas "van traballar sen usar as cofias" e obrigan aos estudantes a "desbarasar as bandexas", un labor que non lles corresponden como "como pon as normas do centro". Ademais, trasladou que como os alumnos negáronse a este labor, deixáronos "sen almorzar".

Esta alumna sostivo que "a comida moitas veces está en mal estado" e que "as ceas" se preparan "polas mañás". Por iso, dixo que xa informaron da situación a través de protestas por escrito e en rexistro. "Falamos con Santiago, o director reuniuse, pero nada, entón decidimos reunirnos, facer folga e protestar, a ver se así nos fan un pouquiño máis de caso", manifestou.

Concentración dos estudantes da Escola Oficial Náutico Pesqueira de Ferrol denunciando o mal funcionamento do comedor este xoves
Concentración dos estudantes da Escola Oficial Náutico Pesqueira de Ferrol denunciando o mal funcionamento do comedor este xoves | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta