O GC continúa a semana grande do Entroido coñecendo as figuras do Entroido de Carguizoi da man de Manuel, o 'alcalde' da aldea, así nomeado de broma polos veciños, que nos conta as novidades deste ano, no que ademais de Felo e Fiadeiro houbo tamén a representación do Reinado.
  comenta   0
A Pacma pide as autorizacións, informes veterinarios, condicións de transporte e medidas de seguridade adoptadas para o uso deste animais.
  comenta   0
Cando Valencia espertou, o lodo aínda estaba alí…
  comenta   0
Con máis dun millón de seguidores sumando a súa canle de Youtube e as súas contas de Instagram e Tik Tok, Anita logrou forxarse un futuro nas redes sociais que lle permitiu saír dunha ditadura que afoga ao seu país, que restrinxe dereitos e que obriga á súa xente a vivir na miseria. Esta é a súa historia.
  comenta   4
Fai cousa de dous meses e medio abriu a tenda 'online' PinkPeas, con todo tipo de produtos de alimentación, suplementación, xoguetes e hixiene animal. Teñen comida para cans, gatos, coellos, cobaias, chinchillas, aves e ata tartarugas. Hoxe, dende o GC falamos con Carla Aparicio, a súa directora e fundadora da primeira clínica veterinaria vegana en España: LidaVet.
  comenta   1
Este mercado chega á súa XXVIII edición e contará con máis de 30 postos chegados da Reserva da Biosfera de Allariz, de diferentes puntos de Galicia, Castela e León e tamén do veciño Portugal. Contará con actividades paralelas e celebrarase os días 9 e 10 de novembro no Pavillón do Instituto.
  comenta   0
Aínda que todos temos unha concepción material e funcional dos hórreos, dende o GC queriamos coñecer tamén a súa parte máis espiritual e inmaterial, e facémolo da man da antropóloga Ana Isabel Filgueiras.
  comenta   0
A 25ª edición deste Salón Internacional de Turismo Gastronómico, que se fai do 24 ao 27 de outubro, contará con 90 expositores, 63 adegas profesionais, 5 restaurantes e 5 países representados. Entre as actividades paralelas destacar dous concursos que premiarán á mellor tortilla de pataca e á mellor hamburguesa de Galicia.
  comenta   0
A Federación Olívica de Anpas, FOANPAS, denunciou este martes, de novo, os atrasos na tramitación das bolsas municipais de comedor e material, o que provoca unha "situación insustentable" para as familias e as Anpas, "cando o curso xa empezou hai un mes".
O evento, que se celebra os días 11 e 12 de outubro, conta con máis dunha vintena de variedades de cervexas nacionais e de importación. “The Tetas Van” e “Gin Toni´s”, ofertas musicais da festa.
  comenta   0
A día de hoxe os furanchos están tan de moda que hai locais que sen selo se poñen o nome e abren portas durante todo o ano. "Hai moito intrusismo", contan ao Galicia Confidencial Juan e Lorena, de Guía Furanchín.
  comenta   1
A actual normativa coa que contan os furanchos data do ano 2012 e quedou "completamente desactualizada". Entre outras cousas, os propietarios de furanchos non poden ter traballando neles a familiares que non sexan de primeiro grao.
  comenta   0
Celebra a súa festa do polbo sen cuantificar visitantes: "Son tantos que é inabarcable calculalo".
  comenta   0
A asociación Iniciativa Dignidade Canina tampouco descarta que as dúas persoas propietarias dos animais necesiten "algún tipo de apoio por parte dos Servizos Sociais"
Javier e Sonia son unha parella que fai cousa dun mes decidiu deixar toda a súa vida en Sevilla atrás para cumprir o seu gran soño: vivir viaxando e asentarse un tempo en Galicia. Agora están xa aprendendo galego e antes de irse xa sinten "morriña" de ter que deixar "unha terra e unha xente tan fermosa".
  comenta   0
Urrutia destaca a conexión entre galegos e cántabros e anima a seguir facendo gala da historia, cultura e gastronomía galegas.
  comenta   0
O festival pechou as súas portas o domingo coa entrega do premio á mellor tapa: 'A Espadarra', unha creación do restaurante El Juliana que incluía sardiña mariñada, tomate negro e lima. O GC amósache como foi!
  comenta   0
As rúas empedradas do centro histórico enchéronse de vida nun día asollado e festivo, con coloridas bandeirolas, postos artesanais e deliciosas ofertas gastronómicas que transportaron aos visitantes a tempos remotos.
  comenta   0
Trátase da 'Feira Guímara' que se desenvolverá o 6 de xullo no campo onde antigamente tiñan lugar as feiras da capitalidade, onde o río Rubín.
"A día de hoxe o noso principal recurso é a navalla, que a temos pechada por toxina, e esperemos que para a semana podamos saír a traballar", explicou o patrón maior da confraría Santiago Apóstolo de Barallobre, Jorge López, antes de engadir que hai mariscadores á boia e a pé, "que están mal sobrevivindo".
  comenta   0
De non gustarlle as vacas, Hael pasou a converter o trato con elas no seu proxecto emprendedor. A súa iniciativa dálle, ademais, continuidade a unha tradición familiar que vén do ano 1870 en Castroverde. Coñecemos a súa historia.
  comenta   0
A defensa insistía en que neste caso "conclúese que a actuación do acusado, un mozo de 19 anos, consistiu en gozar dunha mariscada cun empresario, ao cal trasladara que era unha ligazón entre Vicepresidencia do Goberno e Casa Real (cargo inexistente), e co fin de impresionarlle contratou vehículos de alta gama e persoal de seguridade que reforzasen a imaxe de ser alguén importante".
  comenta   0
A pasada primavera, o Grupo Coren puxo en marcha un camión de comida acondicionado como escaparate dos seus produtos para participar en festivais e outros eventos de Galicia. A iniciativa tivo moi boa acollida e este ano sumará a ese tráiler, unha segunda 'food truck'.
  comenta   0