Por Ángela Precedo | VIGO | 15/07/2024 | Actualizada ás 21:00
Como cada ano o Seafest acolleu na explanada do Náutico de Vigo a centos de persoas durante os seus catro días de duración, dende o xoves 11 ata o domingo 14 de xullo. Trátase dun festival gastronómico no que os visitantes poden degustar produtos do mar de xeito diferente, presentados en tapas xenerosas e singulares que non deixan indiferente a ninguén, elaboradas por algúns dos mellores chefs da cidade. Á comida hai que sumar os concertos e actividades gratuítas para toda a familia. O Galicia Confidencial pasa un día neste evento para contarvos como é.
En verdade trátase dun concepto de festival totalmente diferente. Os visitantes poden entrar gratuítamente e desfrutar dos concertos que durante todo o día amenizan o ambiente, sen ter que pagar nin un euro. Logo, e como algo opcional, poden dirixirse a algunhas das casetas nas que se preparan as diferentes tapas para pedir unha por un prezo reducido: 5 euros. Unha vez degustada, poden votar se lles gustou ou non e entrar no sorteo de múltiples agasallos. Nesta edición había ata 14 propostas diferentes que pasaban polo peixe espada, a pescada, o bacallau, o calamar, a sardiña, o peixe sapo e ata o bogavante.
Como se trata dun festival de día ao que asisten moitas familias, entre a oferta de actividades tamén había moitas propostas para os máis pequenos, coma un obradoiro de cociña infantil ou un obradoiro de marisqueo no que os rapaces aprenderon como se sementan e se recollen as ameixas e cal é o talle comercial que deben ter para poder venderse. Tamén contaban con espazos nos que podían deixar voar a súa imaxinación creando peixiños de papel e decorando un mural do que colgaban redes de pesca.
Os xardíns de Edualyen, nos que se colocaron varias ducias de bancos e mesas para os comensais, foron o espazo de recreo perfecto para os visitantes, pois puideron refuxiarse durante as horas de sol baixo as súas árbores. O festival pechou as súas portas o domingo coa entrega do premio á mellor tapa: 'A Espadarra', unha creación do restaurante El Juliana que incluía sardiña mariñada, tomate negro e lima.
Tapa do Vigo Seafest 2024 | Fonte: GCVer esta publicación en Instagram
¿Gústache esta noticia?Problemas cos comentarios?
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.
¿Gústache esta noticia?
- (Vídeo) Mondra co seu 'Quererse ben', premio á Mellor Música do Ano en Galicia
- A literatura infantil galega, motor de creación cultural e linguística
- Convocatoria de axudas para a tradución de obras literarias: 200.000 euros en xogo
- A Coruña e Pontevedra, dous grandes portos negreiros na Galicia dos séculos XVIII e XIX
- The Undertones, Christina Rosenvinge e Stompin'Riffraffs encabezan o cartel do FaCeLa Fest
- Luís Seoane, homenaxeado na RAG como "o poeta que captou a ferida das migracións"