O titular do Goberno galego, Alfonso Rueda, puxo en valor dúas cuestións: o incremento da cota de bacallau na zona coñecida como Flemish Cap e a reapertura da pesca do bacallau na zona dos grandes bancos de Terranova tras 32 anos de moratoria.
  comenta   0
O festival pechou as súas portas o domingo coa entrega do premio á mellor tapa: 'A Espadarra', unha creación do restaurante El Juliana que incluía sardiña mariñada, tomate negro e lima. O GC amósache como foi!
  comenta   0
Persoal investigador do Instituto Español de Oceanografía (IEO) de Vigo, xunto ao Instituto Portugués do Mar e da Atmosfera e a Universidade Politécnica de Valencia, desenvolveron un novo procedemento estatístico para mellorar a estimación da talla de madurez da pescada.
Pescadores galegos calificaron de "fatal" o acordo de repartición de pesca da Unión Europea coñecido este martes, que suporá un "pau importante" para os armadores de cerco galegos e provocará unha "situación catastrófica".
  comenta   0
O presidente da Xunta mostra o seu desacordo co resultado: "as cotas que se adxudican este ano non son nin moito menos as que esperabamos"
  comenta   0
Buscan evitar algunhas das propostas da Comisión para algúns TACs de especies do Atlántico e unha nova redución dos días de pesca no Mediterráneo
  comenta   0
A organización de produtores pesqueiros de Lugo e os barcos aos que engloba atópanse "recompilando información" para presentar recurso contra o veto á frota de fondo que estableceu a Comisión Europea para 87 zonas do Atlántico.
  comenta   0
O peche para a pesca de fondo en determinadas áreas en augas comunitarias e británicas colleu por sorpresa a todos os tipos de artes pesqueiras. Segundo representantes de armadores e grupos ecoloxistas a UE non tivo en conta as diferenzas entre as artes que si poden danar o fondo mariño e aquelas que son máis respectuosas.
O presidente dos Armadores de Vigo cre que a decisión de Bruxelas é "unha manifestación clara de renuncia á soberanía alimentaria",
  comenta   0
Celebrouse unha reunión de urxencia para analizar esta decisión por parte da CE e non se descarta a convocatoria de paros e concentracións ante distintos organismos europeos e españois.
  comenta   0
Investigadores da Universidade de Santiago de Compostela e do Instituto Español de Oceanografía calculan por primeira vez as emisións de gases de efecto invernadoiro da cadea de subministración estatal deste pescado, que sitúan en 681.000 toneladas nun ano.
  comenta   0
Na Comisión de Pesca, a Cámara deu luz verde, por unanimidade, a esta petición do Grupo Popular. O deputado José Manuel Balseiro (PP) criticou o "agravio comparativo entre as frotas españolas cometido polo Goberno de Pedro Sánchez".
  comenta   0
Hai un recorte do 20% na pescada norte e subidas para o rape e o galo. A Xunta tacha de "negativo" o acordo, con perdas de 93 millóns para Galicia
  comenta   1
A Xunta únese ás denuncias contra un acordo que mellora a proposta inicial da Comisión Europea, pero reducirá nun 8% as capturas de pescada. O BNG tacha de "fracaso" para a frota galega as cotas de 2022.
  comenta   0
Esgrime os resultados dun informe encargado polo Executivo galego á Universidade de Santiago de Compostela como base para mellorala.
  comenta   0
Científicos do Instituto Español de Oceanografía observan cinco agrupacións de peces distintas no monte submarino do banco de Galicia e no noiro continental galego.
  comenta   0
Asegura que as reducións de capturas expostas terán efectos limitados para a pesca española. A Xunta di que é "duro golpe" con "consecuencias devastadoras" para a frota galega e o BNG acusa a Goberno central e galego de "deixar tirado" ao sector.
  comenta   0
O PP pide "non defraudar" á frota nas negociacións sobre o Brexit, mentres CS alerta de consecuencias "negativas" para Galicia.
  comenta   0
Tamén mantiña a redución de días de actividade no Mediterráneo no 15%. A Consellería de Mar ve "escasos" os avances da negociación.
  comenta   0
O peixe non fora pesado nin introducido na lonxa. Procedeuse a súa comisión para a posterior entrega a un centro benéfico.
  comenta   0
Reivindica a alza do xurelo ao sur de Fisterra e a redución de recorte de pescada sur, pero admite problemas coa pescada do Gran Sol e xurelo do Cantábrico.
  comenta   0
A frota española poderá pescar 5.600 toneladas de pescada en augas ibéricas (Cantábrico, Galicia e Golfo de Cádiz).
  comenta   0
A directora xeral de Pesca, Mercedes Rodríguez, advertiu de que os recortes previstos nas cotas de pescada para 2020, á espera do resultado das negociacións en Bruxelas da semana que vén, afectarán principalmente á comarca da Mariña lucense, que soportará o 70% do impacto.
A directora xeral de Pesca insiste no actual reparto de cotas porque "ten en conta todas as variables arredor da pesca artesanal". Nesta entrevista, Rodríguez Moreda defende os seus argumentos segundo os datos que ten a Consellería, aínda que entende que se poden facer máis polo miúdo.
  comenta   0
O barco ocuparase da captura de pescada en Namibia e é un do sete encargados a Armón. CaixaBank, Banco Sabadell, Grupo Popular, HSBC Bank, Abanca , Banco Bilbao Vizcaya Argentaria , SPV Global, Bankia 4,59% e UBI Banca son os principais accionistas da empresa xurdida da crise de Pescanova.
O departamento de Educación do concello deulles a posibilidade a todos os nenos e nenas que comen na rede de comedores de elixir o menú de fin de curso, unha comida que este ano se celebrará o 20 de xuño.
  comenta   0
Medios británicos apuntan que afectaría directamente ao sector do mar, coa perda de centos de postos de traballo.
  comenta   0
O Goberno precisa que se introduciron 328,4 toneladas desta especie en Galicia procedente de Irlanda entre 2015 e 2018, o que segundo En Marea "motivou a caída das cotizacións".