Unha muller sofre intoxicación por monóxido de carbono en Lalín

A rápida intervención dos equipos de emerxencia garantiu a súa evacuación ao centro de saúde, sen riscos adicionais.

Por Europa Press / Redacción | Santiago de Compostela | 02/02/2025 | Actualizada ás 14:51

Comparte esta noticia

Unha muller tivo que ser trasladada con síntomas de intoxicación por monóxido de carbono nunha vivenda da rúa do Rodo, no municipio pontevedrés de Lalín. Segundo informou o 112 Galicia, os feitos producíronse sobre as 11.00 horas deste domingo e a muller foi evacuada en ambulancia ao centro de saúde da localidade.

A concentración de mónoxido foi percibida polo sistema da propia ambulancia, polo que foi necesaria a participación dos equipos de emerxencia. Ata o lugar acudiron os Bombeiros do Deza, os membros do GES de Lalín e o servizo municipal de Protección Civil que realizaron diferentes medicións e que resultaron negativas.

Ambulancia do 061-Urxencias Sanitarias de Galicia / Urxencias Sanitarias - Arquivo / Europa Press
Ambulancia do 061-Urxencias Sanitarias de Galicia / Urxencias Sanitarias - Arquivo / Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta