Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 20/03/2025 | Actualizada ás 18:22
O Parlamento de Galicia reclamou ao Goberno central que asuma o 50% do custo das prestacións de atención á dependencia e abone 2.500 millóns de euros a Galicia en cumprimento da Lei estatal de Dependencia.
A iniciativa levada polo PP á Comisión 3ª, Economía, Facenda e Orzamentos saíu adiante, sen votos en contra pero coa abstención do PSdeG, que tratou de que fosen aceptadas emendas rexeitadas polo grupo maioritario.
En concreto, o texto, que si apoiou o BNG, insta á Xunta a dirixirse ao Estado para esixir que asuma a metade do custo das prestacións de atención á dependencia, en cumprimento da Lei de Dependencia.
A encargada de defender a proposición non de lei foi a deputada do PP Raquel Arias, que puxo o acento nas "débedas" que acumula o Estado en materia de financiamento aos servizos de depedencia, que fai que a Xunta "asuma case o 70% cando o financiamento debería ser a partes iguais".
"Esta situación vai en detrimento do conxunto dos galegos, porque ese gasto hai que detraerlo doutras partidas, pero sobre todo vai en detrimento de os dependentes, que poderían ter moitas máis prazas en residencias, centros de día ou servizo de axuda no fogar", sinalou Arias.
Pola súa banda, a deputada do PSdeG Silvia Longueira defendeu que os socialistas apoiarían a iniciativa no caso de que se aceptasen emendas encamiñadas a elaborar un informe sobre a xestión en materia de dependencia do goberno no Estado de Mariano Rajoy entre 2012 e 2018, á vez que solicitaban a posta en marcha do plan estratéxico de servizos sociais en Galicia, algo "contemplado" na lei pero "que nunca se fixo".
Por parte do BNG interveu no debate o parlamentario Brais Ruanova, que afeou aos populares que pidan na súa iniciativa "o que nunca pediron" nin en Galicia nin no Estado "cando gobernaban" porque "foi o goberno de Eme Punto Rajoy o que en 2012 asinou o decretazo" que, como lembrou, "recortaba salvajemente os dereitos das persoas dependentes en Galicia e no Estado".
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.