Por Galicia Confidencial | Rábade | 29/03/2018 | Actualizada ás 12:00
Desde que Alexandre de Fisterra inventou o Futbolín este xogo non deixa de aumentar os seus siareiros. Tal é a súa importancia que ata conta con numerosos manuais de xogo e campionatos por todo o mundo. Un dos máis coñecidos é o de Rábade, en Lugo, que xa vai pola súa XXI edición.
O Máster de Futbolín de Rábade é unha cita que ano a ano logra atraer a un maior número de persoas, entre participantes e veciños da comarca que se achegan a presenciar un espectáculo único na provincia de Lugo. Este ano, a cifra de inscritos acada xa os 500 xogadores de todas as comunidades autónomas españolas.
Este ano haberá cinco modalidades de xogo e tres niveis, onde se repartirán 10.000 euros en becas deportivas. Ademais, haberá premios para todas as modalidades e camisetas de recordo para os participantes”.
PROGRAMACIÓN
A programación do XXI Gran Master Nacional de Futbolín é a seguinte:
Xoves, 29 de abril:
- 16:30 horas: Comezo do máster (Modalidade infantil 2000-2017)
- 17:00 horas: Sorteo de parellas cegas
- 18:00 horas: Modalidade ‘Combinada parellas cegas’
Venres, 30 de abril:
- 12:00 horas: Modalidade ‘En parado’
- 17: horas: Modalidade ‘Feminina’
Sábado, 31 de abril:
- 11:00 horas: Modalidade ‘En movemento’
- 21:00 horas: Finais
- 23:00 horas: Entrega de premios e clausura
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.