Denuncian que o concello de Punxín lles limpa de balde o monte aos cazadores

O grupo ecoloxista 'Matar por Matar Non' acusa ao alcalde deste municipio ourensán por utilizar o tractor municipal para labores dos que antes se ocupaba o Tecor. O rexedor desmente esta información e asegura que este servizo só se usa nos camiños públicos.

Por Galicia Confidencial | Santiago de Compostela | 13/11/2018 | Actualizada ás 20:30

Comparte esta noticia

O grupo ecoloxista 'Matar por Matar Non' (O Carballiño) denuncia que o concello de Punxín, en Ourense, estea a empregar o tractor municipal para limpar parte do monte do que antes se encargaba o Tecor, promovido polos cazadores. Apuntan a un posible "delito de malversación" ou "prevaricación" por parte do Concello. Pola súa banda, o alcalde, Manuel Vázquez (PSdG), nega isto e explica que o tractor municipal só se utiliza para desbrozar as vías públicas.

Unha zona do monte de Punxín
Unha zona do monte de Punxín | Fonte: Cedida

"O monte que antes limpaba o Tecor, para que os 'deportistas' da escopeta maten máis facilmente os coellos e perdices de granxa que soltaron hai uns días, agora límpao o alcalde co tractor do concello, o gasóleo do concello e a man de obra do concello", critican dende a asociación ecoloxista. Explican que nos lugares nos que se deu esta nova práctica non hai fincas cultivadas, nin tampouco van alí os veciños. Por este motivo, ven ilóxico que se utilice un servizo municipal para "aforrarlles diñeiro aos cazadores"

Asemade, o rexedor socialista insiste en que "non se lle limpa o monte aos cazadores como se di". Declara que este vehículo unicamente se emprega para desbrozar aquelas estradas e camiños públicos que o precisan.  

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta