Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 21/01/2019 | Actualizada ás 13:22
O Servizo Galego de Saúde (Sergas) e a compañía de investigación biofarmacéutica Gilead acordaron colaborar no programa 'Focus', unha iniciativa que persegue a eliminación do contaxio de virus de transmisión sanguínea, tales como o VIH e as hepatites virales (B e C).
Segundo explicou Gilead nun comunicado de prensa, trátase dun programa de saúde pública desenvolvido por esta compañía en Estados Unidos desde 2010, "e que xa realizou máis de oito millóns de probas de sangue para VIH, Hepatite C e Hepatite B", concretou.
O programa 'Focus', abundou, "posibilita sistematizar a detección destas infeccións ao integrar no circuíto clínico rutineiro as probas de cribado do VIH e a Hepatite C con outras probas". "A implantación desta iniciativa é unha mostra máis do compromiso continuo da Xunta de Galicia coas políticas de saúde pública", manifestou Gilead, que engade que se trata dunha "aposta clara para fomentar a colaboración coas institucións sanitarias e así contribuír na consecución dos retos de saúde pública fixados nestas patoloxías".
"Este programa supón unha resposta ás recomendacións da Organización Mundial da Saúde sobre o aumento do cribado e de ONUSIDA, que publicou en 2014 os obxectivos do 90% diagnosticado, 90% en tratamento e 90% eliminación do virus", comentou a empresa.
Así mesmo, engadiu que "responde as recomendacións sobre o VHC da Estratexia Global do Sector Saúde -GHSS polas súas siglas en inglés-, que instou á eliminación da hepatite viral, como unha das principais ameazas para a saúde pública para o ano 2030".
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.