Podemos queda relegado ao 9º posto na lista de Martiño Noriega

O seu equipo de confianza sitúase nas primeiras posicións, con Jorge Duarte e Xan Duro nas primeiras posicións, tras ser relegados na proposta inicial.

Por Galicia Confidencial | Compostela | 25/03/2019 | Actualizada ás 00:02

Comparte esta noticia

As primarias de Compostela Aberta finalizaron cun resultado que deixa importantes variacións na lista do alcalde e candidato, Martiño Noriega. A máis importante, a baixada de posicións do candidato de Podemos, que pasa do sexto ao noveno posto.

Martiño Noriega, candidato de Compostela Aberta
Martiño Noriega, candidato de Compostela Aberta

Así o decidiron os militantes de Compostela Aberta nunha votación que transcorreu durante esta fin de semana e na participaron un total de 537 persoas.Deles, 467 votaron a Noriega, mentres que outros 70 abstivéronse, xa que unicamente se presentaba unha candidatura á alcaldía, informaron fontes da candidatura de unidade popular.

En canto á configuración da lista, elaborada mediante primarias abertas, os inscritos apoiaron a practicamente a totalidade dos actuais edís e o equipo de confianza de Martiño Noriega.  Deste xeito, na lista ao propio Noriega seguiranlle Branca Novoneyra, Rafael Pena, Marta Lois, Jorge Duarte, María Rozas e Xan Duro.

Como oitavo foi elixido o membro de Podemos, Álex Botello, que con todo descenderá á novena posición pola corrección de xénero polo que Iolanda Rei situarase antes na lista aínda con menos votos. Como número 10 foi elixido Miguel Penas, actual xefe de gabinete do alcalde e de once a actual edil Noa Morales.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta