Piden "control administrativo" á Xunta ante riscos para a "saúde" da auga do Monte Neme

Salvemos A Cabana lembra que recentemente varias persoas sufriron problemas de saúde por bañarse nunha das balsas do complexo da antiga minaría.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 07/07/2019 | Actualizada ás 17:21

Comparte esta noticia

O colectivo Salvemos A Cabana pediu á Xunta de Galicia "control administrativo" ante os "riscos para a seguridade e a saúde" das antigas balsas mineiras do Monte Neme, entre os concellos coruñeses de Carballo e Malpica.

A asociación denuncia que "seis anos despois do accidente que provocou unha vertedura de máis de 24.000 metros cúbicos de auga e lodos", a "Dirección Xeral de Enerxía segue sen pór unha solución efectiva".

En concreto, lembran que recentemente varias persoas sufriron problemas de saúde por bañarse nunha das balsas do complexo das antigas minas de wolframio, ao que acoden numerosas persoas para tomar fotos das súas augas de cor azul turquesa.

Desde 2014 Salvemos Cabana pediu "a drenaxe e o selado das balsas mineiras ante o risco potencial de accidentes e a toxicidade demostrada da auga das balsas", con "alarmante presenza de elementos como o aluminio", que supón un "risco para a saúde pública e os ecosistemas".

A asociación incide en que no Monte Neme se incumpriu a lexislación aplicable, tanto a nivel autonómico como Europeo.

Balsas mineiras na zona de explotación de áridos en Monte Neme, entre Carballo e Malpica (A Coruña). SALVEMOS A CABANA
Balsas mineiras na zona de explotación de áridos en Monte Neme, entre Carballo e Malpica (A Coruña). SALVEMOS A CABANA | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta