Villares e o seu grupo insisten en autodenominarse En Marea na Cámara.

O presidente do Parlamento, Miguel Santalices, lembrou a Luís Villares que é o portavoz do Grupo Mixto despois de que este utilizase o nome do grupo parlamentario que abandonou recentemente.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 09/07/2019 | Actualizada ás 13:47

Comparte esta noticia

A polémica polo uso da marca En Marea chegou este martes o pleno da Cámara galega, no que o presidente do Parlamento, Miguel Santalices, lembrou a Luís Villares que é o portavoz do Grupo Mixto despois de que este utilizase o nome do grupo parlamentario que abandonou recentemente.

Santalices fixo esta aclaración durante a primeira intervención de Villares no debate da Lei de Administración Dixital de Galicia, interpelación á que o maxistrado en excedencia respondeu definíndose como "portavoz do partido político de En Marea".

Con todo, esta non foi a única precisión que tivo que facer a Presidencia. Así, posteriormente, o vicepresidente da Cámara, Diego Calvo --que nese momento moderaba o debate-- tamén avisou ao deputado Francisco Casal de que pertence ao Grupo Mixto e non ao de En Marea.

Tras iso, Francisco Casal queixouse de que a bancada popular leve "tres anos" dirixíndose a eles como "as mareas de podemos" mentres que a el se lle chama a atención por "dicir que representa ao grupo que representa".

Precisamente, preguntado sobre a confusión que xera a situación tras a marcha dos de Villares ao Grupo Mixto, o portavoz parlamentario de En Marea, Manuel Lago, remarcou o luns que a nova denominación para o grupo na Cámara se decidirá a través dun "debate interno" e "sen inxerencias externas".

Con todo, Luís Villares e os outros tres deputados do Grupo Mixto, quen reivindican para si a representatividade do partido instrumental En Marea, non poderán asumir ese nome no Pazo do Hórreo ao non alcanzar o mínimo de parlamentarios para configurar grupo propio.

Luís Villares. EN MAREA
Luís Villares. EN MAREA

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 1 comentario

1 urco

Os do PSNOP (Podemos Sector Noroccidental Peninsular), nem comem nem deixam comer.