Artigos de Fermín Paz

Crises sísmicas

Cando na cortiza terrestre se produce un acontecemento desta natureza, vexo que poucos días despois hai outro afastado do primeiro, noutra rexión do globo terráqueo. Pensei, quizais poida ser unha necesidade físico-mecánica de reequilibrio na propia cortiza que, aínda que fracturada, é unha e está asentada sobre un mesmo colchón ou núcleo. Sobre esta base, estou a fundamentar unha análise da crise actual que golpea especialmente aos territorios do Sur da Europa.

Dos couces, da yenka e outras musicas

Agardaremos un tempo polas decisións das organizacións políticas sobre os pactos de goberno. Todas dixeron que o seu posicionamento na conformación dos gobernos gardará relación co mandato popular recibido. No fondo é unha segunda volta reservada en exclusiva á interpretación das direccións políticas.

España é un mito

O significado da verba de procedencia grega mythos (“conto”) terma da miña conclusión da cabeceira. E, como todo mito, di Lévi-Strauss, precisa dunha historia. Dificilmente os feitos desa historia podo consideralos marabillosos e con protagonistas extraordinarios. No estudo da documentación dos acontecementos atoparemos sobre todo guerras, loita polo poder, anexión de territorios e imposición á forza de crenzas e ideoloxías. Só farei uns pequenos apuntamentos demostrativos.

A resistible ascensión da corrupción

Aínda que a presentaran como un fenómeno de casos illados, hoxe hai poucas dúbidas que a corrupción é unha liña de actuación instalada no sistema de xeito estrutural. Outra cousa é que casos isolados -e sen conexión aparente en principio- conformasen logo as numerosas tramas actuantes, das que tanto escoitamos falar.

Lisboas

Veño dun concerto do Jorge Palma en Lisboa no que presentou o seu traballo Voo Nocturno, ben acompañado polos seus Demitidos de sempre. Foi unha boa noite. Namentres escoito de novo os duetos de Jorge e Vicente Palma nas cancións, " Abrir o Sinal" e " Gaivota dos Alteirinhos", din cumprimento, non sin tempo, o compromiso de ordenar algunhas verbas sobre as Lisboas que vivimos naqueles dias.

Dun abril tan querido

Despois do xantar de hoxe, unhas pingas dun Garrafeira Nieport 1952 transmítenme de novo o gozo da terra, da choiva, do sol, da madeira, da cultura e do saber facer d@s artesáns do país veciño. Rematei co agasallo do camarada Francisco Canais Rocha que nos deixou en agosto de 2014. Destacado combatente antifascista, sindicalista e historiador, foi home de grandes conviccións democráticas que dedicou a súa vida á causa dos traballadores.

O Patillas do Someso

As estrelas teñen unha luz propia que se produce no seu interior, de aí o seu brillo. Seguramente, nas nosas vidas tod@s atopamos persoeir@s con esta característica.

Música e lembranzas dos escenarios

O Consello Mundial da Enerxía (CME) é unha institución do sector da enerxía acreditada pola ONU. O CME ten unha longa tradición de creación dos escenarios máis coñecidos de tipo normativo, encamiñados a que o mundo alcance un obxectivo concreto, como un nivel de CO2 na atmosfera.
Fermín Paz A miña actividade política e social ven do ano 1970. Militei e tiven responsabilidades en organizacións do nacionalismo galego a nivel local, comarcal e nacional. A nivel Internacional, Secretario Xeral da Unión Internacional de Sindicatos da Enerxía-Química e Petróleo e da Comisión Executiva dos Sindicatos da Enerxía- Química e do Petróleo da rexión Europea-Paises árabes. Secretario Xeral da Asociación Internacional Droit á l´énergie-Sos Futur con sede en Paris e representante da Ong no Consello Económico e Social da ONU. Na actualidade estou xubilado e fago colaboracións en revistas, publicacións e Foros Internacionais de análises política ou sindical.