Anisia Miranda era unha muller que picaba en vea, de incansable loita, inspiradora de futuros, camarada. A compañeira de vida de Xosé Neira Vilas, galega e cubana a partes iguais, deu un ton caribeño ao noso idioma. O seu papel foi destacado como xornalista, divulgadora cultural, escritora... Pasou guerras, apoiou a Revolución Cubana e estivo ao carón das demandas do pobo galego. As súas cartas sempre remataban con "bicos de mel" e debuxos de barcos para navegar.