Francisco Antonio Vidal Blanco obtén o Premio Anisia Miranda de Teatro para a Infancia

Con este premio e a edición das obras galardoadas, a Fundación Xosé Neira Vilas recorda e honra a figura de Anisia Miranda.

Por Galicia Confidencial | Santiago de Compostela | 15/05/2024 | Actualizada ás 12:46

Comparte esta noticia

O dedo e os monstros, de Francisco Antonio Vidal Blanco, gañou o Premio Anisia Miranda de Teatro para a Infancia. A obra premiada destaca, fundamentalmente e segundo o xurado avaliador, pola mestría da súa construción dramática e a habilidade na elaboración dos diálogos a través de frases curtas que axilizan o texto e outorgan dinamismo e diversión. Tamén cómpre salientar o feito de poñer en valor a diversidade e a diferencia entre os iguais a través da metáfora dos dedos, polo recurso de tradicións como as adiviñas e a sortes.

Foto de Francisco Antonio Vidal - Fundación Xosé Neira Vilas
Foto de Francisco Antonio Vidal - Fundación Xosé Neira Vilas

Francisco Antonio Vidal Blanco posúe unha traxectoria literaria consolidada. En 2021 obtivo o Premio Laudamuco para textos teatrais do concello de Brión, outorgado por A vinganza de Fortimbras. E agora, recibe o Premio Anisia Miranda de Teatro para a Infancia por parte da Fundación Xosé Neira Vilas.

O xurado estivo composto polos membros do Padroado da Fundación Xosé Neira Vilas Pilar Sampedro e Miguel Anxo Fernán Vello, xunto con Euloxio R. Ruibal, dramaturgo e membro da Real Academia Galega.

O acto de entrega do premio, que conta coa colaboración da Dirección Xeral de Cultura da Xunta de Galicia, terá lugar o 25 de maio ás 19.00 na sede da Fundación Xosé Neira Vilas, en Gres. Ese día presentarase, ademais, o volume premiado na edición anterior: Medo me dá, de Ramón Dominguez Veiga, editado por Embora.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta