Convenio entre o Consello da Cultura e a CRTVG para difundir as súas accións, como o 'Concerto das Letras Galegas'

O acordo permitirá a cobertura das actividades realizadas polo CCG a través das distintas canles e plataformas da televisión pública

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 16/04/2025 | Actualizada ás 18:21

Comparte esta noticia

O director xeral da Corporación Radio e Televisión de Galicia (CRTVG), Alfonso Sánchez Izquierdo, asinou este mércores un convenio coa presidenta do Consello da Cultura Galega (CCG), Rosario Álvarez, para promover e difundir as accións desta institución, entre elas o 'Concerto das Letras Galegas'.

Esta proposta musical de carácter institucional abrirá o propio Día das Letras cun programa relacionado coa figura homenaxeada en cada edición. Así, en cada programa estrearase unha peza encargada a un compositor galego a partir do legado da persoa ou entidade celebrada.

Segundo trasladou a CRTVG nunha nota de prensa, o acordo permitirá a cobertura das actividades realizadas polo CCG a través das distintas canles e plataformas da televisión pública.

Por iso, comunicaron que a décimo quinta edición deste concerto terá lugar o próximo 16 de maio en Carballo e estará dedicada ás 'cantareiras' e á poesía de tradición oral. A CRTBG emitirá este concerto no marco da programación da efeméride.

CRTVG asina un convenio co Consello de Cultura Galega. CRTVG
CRTVG asina un convenio co Consello de Cultura Galega. CRTVG | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta