"A día de hoxe temos unha situación de desabastecemento de medicamentos moi grande en todas as farmacias galegas", advirte María José García, presidenta da Federación de Farmacias de Galicia, que lamenta que "hai xente que está verdadeiramente desesperada, porque se atopa en tratamento continuado e non lle podemos dicir cando imos recibir o seu fármaco".