José Manuel Lamela (PP) é o novo alcalde do Valadouro despois da dimisión de María José Fernández. Esta última presidía un goberno local tripartito BNG-PSOE-UDIVAL que finalmente rompeu e fixo que Fernández primeiro cesase concelleiros e logo dimitise. O pleno extraordinario do 19 de setembro outorgoulle a alcaldía a Lamela con catro votos do PP e un de UDIVAL. Esta é a segunda vez que Lamela ostenta o cargo de alcalde no Valadouro