Un estudo advirte que os centros de ensino non son "espazos seguros" para o alumnado LGTB en Galicia. Un 23% do profesorado e un 28% do alumnado participante declara formar parte do colectivo e máis da metade (54%) mantén a súa identidade ou orientación sexual en segredo.
  comenta   0
Juan Carlos Permuy é psicólogo e un dos organizadores das XIII Xornadas “Achégate á Igualdade" "Queres formar parte? Novas masculinidades, novas oportunidades". Este encontro celebrouse o 16 de novembro e nel abordouse a nova masculinidade, unha revisión do papel do home na sociedade para derrubar estereótipos e presións como ser duro, non chorar ou ser provedor. Aínda así, queda moito por avanzar na explicación das novas masculinidades ou masculinidades igualitarias.
  comenta   0