Ramón Salaverría é profesor de Comunicación na Universidade de Navarra. Antes traballou en medios, deu aulas por diversos países e forma parte de organismos como o verificador ibérico Iberifier para combater a desinformación. O luns 7 de abril ofreceu unha palestra sobre os usos e retos da Intelixencia Artificial no mundo do xornalismo así como o futuro da profesión xornalística diante deste novo desafío tecnolóxico.