As “terras raras” volvéronse inprescindibles para as novas industrias. Tántalo, torio, cadmio e outros elementos máis son agora as materias primas para abrir novos “dourados” mineiros. Mais a cantidade que poida existir destes minerais é o que fai rendible ou non unha explotación. A mina de litio proxectada en Beariz sería unha verdadeira alternativa de traballo? As bolsas de tántalo ou tungsteno que poidan encontrarse nas rochas graníticas son rendibles realmente?