A "postura privada" de Encarna Otero

"É unha postura privada e aí queda o tema". Con esta escueta frase, e antes de colgar abruptamente o teléfono, xustificou hoxe Encarna Otero o artigo que onte publicou en Vieiros...

Por Galicia Confidencial | Galicia | 02/08/2007 | Actualizada ás 20:25

Comparte esta noticia
A directora xeral de Fomento e Calidade da Vivenda da Xunta chamou á "desobediencia política" no acatamento da Disposición adicional 17 da Lei da Función Pública que prevé un suplemento económico para os altos cargos.

Hoxe respostaronlle o PP e o PSOE. O máis duro, o seu colega no goberno e conselleiro de Traballo, Ricardo Varela, quen lle advertiu que as súas palabras son "constitutivas de delito" e non propias dun membro do goberno. O PP, máis suave, lembroulle que, antes de chamar á "insumisión" debe pedirlle ao seu "xefe Quintana" que suprima algúns dos 15 asesores que ten ao seu cargo.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 41 comentarios

41 Xerman

O problema do BNG e do PSOE e que están a ser manexados polos funcionarios do PP.Teñen moitos problemas que proceden dos funcionarios que non so deixaron,senón que os ascenderon.Miren en educación.Vexan quen son as persoas que están nos altos cargos.Se antes o facian mal-eso dician-agora as mesmas persoas no poden facer ben .En sanidade cambearon algunhas persoas pero repitiron as ideas.¿Que están a esperar?.Que cando perdan as próximas eleccións os collan a eles para alguns chopes.Doume conta que soio o pensamento libertario ten algo de ética na estrutura cocial.XERMAN

40 u-las encarnas?

Claro que sí. Todas no BNG coa Encarna pra afundir a Ricardo Varela e a Méndez Romeu, e pra que alguén se lembre como naceu e que era o BNG antes de que fose manexado poe eses funcionarios de medio pelo que se creen con dereito a cobrar de por vida. O problema dos altos cargos do BNG é que son fillos do PP.

39 cuturru

Nin Carme Adán nin Ana Luisa Bouza, nin Ana Rúa, Nin Tareixa Novo, Nin Milagros Lantes

38 Noelia

Non creo que Carme Adán asine nada semellante a Encarna.

37 vibora

Ula as outras mulleres do BNG.Eu xa estou empezando a reclamar a desigualdade a respeito do comportamento dos homes. Animadevos chicas a ver se asinades algunha algo semellante ó de Encarna Otero