Feijóo destaca a boa xestión da sanidade dos emigrantes na Arxentina

Resalta a xestión de Obra Social Ospaña para "garantir a sanidade" dos galegos. Esta entidade atende a 70.000 galegos e descendentes, especialmente, aos socios do Centro Galego de Buenos Aires que atravesa unha grave crise.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 20/09/2019 | Actualizada ás 11:28

Comparte esta noticia

O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, destacou e valorou a xestión de Ospaña e o seu compromiso para "garantir a sanidade a todos os galegos de Arxentina", adaptándose "aos novos tempos do país. Ospaña é a obra social dos galegos e descendentes na Arxentina, con cobertura de máis de 70.000 persoas.

Así o trasladou no marco dunha visita á inaguruación da sede de Obra Social Ospaña, acompañado pola conselleira do Mar, Rosa Quintana, e polo secretario xeral de Emigración, Antonio Rodríguez Miranda.

Feijóo remarcou que se trata dunha xestión "visible" a través da atención completa aos seus afiliados e que foi "capaz de conxugar a solidariedade, coa produtividade" que garanten os máis de 70.000 afiliados cos que xa conta Ospaña, e que son os que "optimizan o rendemento da organización".

"Non é nada fácil ofrecer cobertura sanitaria a máis de 70.000 persoas e é moito máis difícil ofrecer unha cobertura sanitaria aos maiores, e máis de 4.000 persoas desas 70.000 teñen máis de 65 anos", precisou.

Durante a inauguración da sede da Obra Social Ospaña, Feijóo trasladou unha mensaxe de agradecemento a todas as institucións que, a día de hoxe, seguen traballando pola diáspora galega. Así mesmo, garantiu que Galicia "seguirá sendo solidaria cos seus emigrantes como eles o foron", lembrou, ao "contribuír ao desenvolvemento" da comunidade.

COLABORACIÓN

"Unha responsabilidade que tentamos practicar coas distintas intensidades que son necesarias", dixo, referíndose a a colaboración con entidades para que poidan dar "un bo servizo, tal e como ocorre no caso de Ospaña"; ou ás axudas directas aos propios emigrantes, como as axudas sociosanitarias e asistenciais das que se beneficiaron máis de 31.400 galegos no últimos tres anos.

"E, igualmente, colaboramos co retorno cando queren volver temporal ou permanentemente", apostilou.

Feijóo acode á inauguración da sede da Obra Social Ospaña. XUNTA DE GALICIA
Feijóo acode á inauguración da sede da Obra Social Ospaña. XUNTA DE GALICIA | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta