O director Oliver Laxe reflexiona sobre o ámbito rural no cinema e na literatura nun encontro en Santiago

Fíxoo no Foro Internacional da Cultura e da Economía Rural, Ficrural, que se celebra en Santiago.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 28/09/2019 | Actualizada ás 19:37

Comparte esta noticia

O cineasta Oliver Laxe fixo este sábado a súa primeira aparición pública tras recibir un premio no Festival de San Sebastián por 'O que arde', e fíxoo no Foro Internacional da Cultura e da Economía Rural, Ficrural, que se celebra en Santiago, onde reflexionou sobre o ámbito rural no cinema e na literatura.

Na última xornada do evento, Laxe participou nun debate no que explicou que é o que o leva a abordar este tema nos seus proxectos e a querer vivir no rural é unha razón que define como "egoísta".

"Teño a fortuna de facer arte, de facer cinema, unha ferramenta para descubrirse e coñecerse a si mesmo e, nestes moitísimos anos de traballo, acabei reconectando coa miña esencia e cheguei á conclusión de que a miña esencia está moi ligada á aldea", dixo.

Oliver Laxe no FicRural.. FICRURAL
Oliver Laxe no FicRural.. FICRURAL | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta