Un PSdeG máis galeguista

Son da opinión que nestes momentos tan complicados polos que estamos a pasar o que necesitamos é crer en nós mesmos, e necesitamos máis política e máis ideoloxía que nos posibilite saír desta crise. Debemos irremediablemente crer e confiar plenamente nas nosas posibilidades.

Por Blas García | Boiro | 24/05/2012

Comparte esta noticia
Desde fai tres anos, en Galicia temos un goberno que non nos goberna nin nos gobernou nunca, e que se dedicou unicamente a recortar sin sentido e sin preocuparlle as consecuencias que esto podía traer a medio e a longo prazo, atacando as políticas sociais e as políticas propias para o desenvolvemento da nosa terra. Nin Feijóo nin o PPdeG creeron nunca en Galicia nin nos galegos e as galegas, xa que estiveron pendientes sempre dos pasos que lle marcaban desde a capital do estado.
 
A nosa cultura, a nosa lingua, a educación, a sanidade, o agro e o mar, a industria, etc. foron postas ao servizo do que dictaba a “Calle Génova” primeiro, e o “Palacio de la Moncloa” despois, sen respectar nunca nin a identidade propia do noso país nin as nosas necesidades. Seguro que pensades que os socialistas galegos tamén temos feito o mesmo, e teño que darvos a razón e recoñecer que en varias ocasións tamén antepuxemos o que nos fixaban desde Madrid. Pero eso non pode volver a repetirse, e ante a situación actual é o momento de que o PSdeG traballe como unha forza galeguista real e comprometida, porque ademais é necesario para esta terra.
 
“Galicia é algo máis que paisaxe. É moito máis que paisaxe”, dixo Ramón Piñeiro, e a realidade é esa, somos un país cunha identidade cultural propia que hai que preservar e coidar, e da que nos temos que sentir orgullosos. E o PSdeG ten que empezar a xogar un papel preponderante cunha política clara e manifesta de defensa da nosa terra e para iso temos que derivar irremediablemente cara unha esquerda galeguista. A realidade amósanos que non sempre mantivemos unha liña galeguista clara, que fixo que moitos sectores da población deixasen de confiar en nós.
 
É necesario que rompamos con calquera complexo que poidamos arrastra do pasado máis recente e agarrar a bandeira do galeguismo e poñernos á cabeza na loita e a defensa da nosa cultura e da nosa identidade, e para eso é necesario sacudirse a tutela de Madrid e convertirnos no Partido dos Socialistas de Galicia, un Partido con autonomía propia para defender as decisións que afecten directa ou indirectamente a Galicia. Así mesmo temos que ofrecer proxectos e propostas propias e concretas, escoitando á cidadanía en xeral e ás nosas bases en particular, para promover unha conciencia de país que poida aglutinar a todo ese sentemento galeguista e progresista que só quere axudar a construír unha Galicia para as persoas.
 
A bandeira, a lingua ou os símbolos do noso país non son patrimonio exclusivo de ninguén, e non podemos permitir que o sectarismo ou o extremismo enarboren bandeiras que son de todos os galegos e as galegas. Agora máis que nunca é o momento de recoller o testigo de insignes galeguistas como Ramón Piñeiro, Carlos Casares, Díaz Pardo, Paz Andrade e outros moitos que loitaron por defender a Galicia e entenderon que o verdadeiro galeguismo só é aquel no que participe todo o pobo, sen exclusións. 
www.blasgarcia.com
blog@blasgarcia.com

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Blas García Blas García Piñeiro, nado en Cespón (Boiro) no ano 1969, aínda que agora vive en Ames. Estudiou Filoloxía Hispánica. Militante do PSdeG. Foi concelleiro en Boiro e Sº Xeral do PSdeG-PSOE de Boiro e da comarca do Barbanza. Na actualidade é Responsable de Comunicación dos Socialistas de Ames. A súa actividade profesional desenvólvese no mundo das redes sociais e a comunicación 2.0. Podes seguilo en www.blasgarcia.com