O Celta tamén é de primeira

O Celta de Vigo conseguiu este domingo o ascenso directo á Primeira despois de empatar ante o Córdoba (0-0). Os vigueses tiveron que agardar cinco anos para voltar a liga de ouro española. Vídeos no interior.

Por Galicia Confidencial | Vigo | 03/06/2012 | Actualizada ás 23:58

Comparte esta noticia

Os galegos non tiveron demasiados problemas para puntuar ante o Córdoba, xa que os andaluces tamén necesitaban un punto para clasificarse para o 'play-off' de ascenso. De feito, nos últimos días falouse moito sobre este partido, xa que un empate favorecía aos dous clubes. Con todo, o Valladolid, que precisaba gañar se quería ter algunha posibilidade de presionar ao Celta, acabou perdendo na casa 1-3 fronte ao Guadalaxara.

None

 

Precisamente, e logo deste resultado, o Córdoba queda sétimo e xogará as semifinais do 'play-off' ante o Valladolid.

 

Nove galegos

 

Este Celta que sobe a primeira é o máis galego dos últimos anos. Nove dos seus principais xogadores son do país e, moitos deles, saíron da canteira celeste. Precisamente, un deles, Iago Aspas foi o que hai tres anos conseguiu evitar con dous goles que o Celta descendera a Segunda B. Desde entón, o equipo vigués mellorou e xogou o play-off de ascenso a pasada tempada sen que a sorte o acompañara. 

 

Dos nove, oito criaronse na Madroa, e o noveno, Álex López, estivo no Celta B antes de subir ao primeiro equipo. Neste Celta, ademais de Aspas e López, están o veterano Borja Oubiña e Roberto Lago, Hugo Mallo, Vila, Sergio, Túñez ou Toni.

 

Os celestes xa celebraban o ascenso polas rúas de Vigo antes do partido:

 

 

Por outra banda, o ascenso do Celta xa ten monicreques especiais:

 

 

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 20 comentarios

7 Forzadepor

Penso que entrar en asuntos de "nos máis ca vos en bandeiras, en língua...." é algo equivocado. Por moitas bandeiras que haxa nun lado ou noutro os datos son os que son: a principal seña de identidade dun povo (a língua) tanto en Vigo coma na Coruña desaparece dunha forma tristemente alarmante. Por outra banda non sei que equipo ten máis afeccionados pero o que si teño claro é que fora de ambalasdúas cidades e a súa zona de influenza, no resto do país os afeccionados tristemente sono do Madrid ou do Barça. Este tipo de disputas parecenme absurdas. Eu son socio do Depor e e verdade que o sentimento galeguista non abunda pero penso que tampouco é moi importante en Vigo. Unha mostra e que en calquera das dúas cidades a xente vota a quen vota. Con eso queda todo dito. Noraboa ó Celta e a súa afección.

1 deportivista

O futbol pode atraer un bo sentimento galeguista de calquera signo político. Non a demagoxia de partidos politicos no tema, por favor.

6 Nilo

Fixo máis o que pasou co Celta onte en Vigo polo nacionalismo galego que un ano de traballo do BNG e do NPC xuntos.

1 federico

Patética a liorta celtistas e deportivistas por ver quen é máis nacionalista das dua equipas. A resposta evidente é ningún. Hai seareiros nacionalistas nas dúas aficións, máis a maioría de celtistas e deportivistas non son nacionalistas, pois na sociedade galega non está presente esa ideoloxía de maneira maioritaria. O Celta é a equipa de Vigo e o Dépor o da Coruña. Non hai nin pode haber un Barça galego, pois nin siquera hai unha equipa que teña unha cor xa non nacionalista, nin siquera rexionalista, nin de futbol nin de outro deporte, en Galicia. Na nosa terra a equipa que ten máis seguidores no rural galegofalante é o Madrid, como todo o mundo sabe.

2 Nilo

Que nunha sociedade históricamente ligada a un nacionalismo español tartufeiro que se di galeguista as veces ver como hai unha expresión nacionalista galega clarisimamente maioritaria na cidade máis poboada do país contradi o que ti afirmas. Que os xogadores se cubriran coa que de xeito interesado o PP di que é a "bandeira do BNG" no seu ascenso a min pareceme algo bastante remarcábel.

3 Nilo

No que tes razón é que a liorta é patética. Se pasou o que pasou onte en Vigo e ao mellor non na Coruña ven causado pola aposta por xogadores novos galegos e historias de despachos para adentro, non dende logo porque a afición do Depor non queira que se use a lingua ou a bandeira por parte dos xogadores e do clube. E o celtista que o diga é un bo cizañento.

5 SantiBurrínguez

Bueno, ¿se pode saber por que Galicia Confidencial me borra a min os comentarios?, que xa non é a primeira vez que o fai. Agora fixen un sobre os méritos do BNG y de este servidor en o ascenso do Celta y vai GC y mo borra. Estos feitos non son nada democráticos y non dicen nada en favor de un xornal democrático y galeguista como GC. Todavía estou preguntándome por que me borrou algún ou algúns outros y resulta que agora me borran este último. Vamos a ver, señores de GC, ¿non será que no fondo o que vos molesta é que eu sexa un incansable defensor da normalización de a nosa lingua? Vou a pensar que os molesta que o BNG de Vigo vaia tan ben y que saiban elexir o candidato idóneo para dicir parvadas, que son eu, y si non fose por min, decídeme ¿quen vai a facer reír ao personal para soportar mellor a crise? Ah, claro, a eso non sabedes responder. O que tedes é envidia.

4 Calgatus

Aos coruñeses habíalles caer a cara coa vergoña de veres tanta bandeira galega e tanta lingua galega nunha equipa con galegos... ata o autobus estaba en galego! Pero como só saben mirar pra Madrí nin se decataran (igual nin coñecen a bandeira galega, por non saber non saben nin o topónimo oficial e real da súa cidade-estado...) Ala Celta!

1 A ti vénche grande o cerebro

(Ninguén che explicou o infinitivo conxugado, Calgatus? Tampouco ninguén che dixo que no escudo do Deportivo está a bandeira nacional?) Se non es un troll localista-españolista que se dedica a sementar herba mala, entón é que es irremisibelmente zoupón. Parabéns ao Celta dun coruñés deportivista moi orgulloso dos títulos que todo Galiza fixo seus. E os imbéciles que confunden burguesía coruñesa con coruñeses semellan pagados pola viguesa Gloria Lago.

2 Riso do Anxo

Qué é eso da burguesía coruñesa? En qué mundo vives ti? Na Coruña non hai galegos, hai gallegos e 4 indíxenas. Confundes urbanita con galeguista, algo que só vive na túa imaxinación de coruñes nacionalista que, por certo, seguro que non ía coa bandeira da patria porque "en la coru no se vió ni una"... No escudo do Depor pon LA CORUÑA, figura...

3 XPC

Falas dese clube que se chama "Deportivo de La Coruña"?

3 Joe Sacco

Incrible o ambientazo coas bandeiras patrióticas galegas, o uso da lingua, camisola da selección galega ata toupar ... Cada vez queda máis claro que nas cidades galegos o perfil de provinciano renegado da súa terra é unha minoría, superaremos esa etapa en breve, cando menos en Vigo! Iso si tanta referencia ao Depor sobra, a ver se aprenden pronto, aínda que tamén é certo que en tódalas nacións hai deste tipo de disputas tamén necesarias, pero tanto xa sobra.