(Vídeo) Outro reto da atleta Maite Rojo: primeira clasificada española no Ultrabalaton, en Hungría

Rematou de 88ª tras correr 211 quilómetros, a 20ª muller e a primeira do Estado. Un reto que chega cinco semanas despois do gran desgaste físico que tivo nos 319 quilómetros do Camiño Primitivo.

Por Europa Press / Redacción | VIGO | 29/04/2025 | Actualizada ás 20:30

Comparte esta noticia

Maite Rojo xa ten un novo reto que sumar a súa longa mochila de desafíos. Despois de meses de preparación e tan só 5 semanas despois de correr o esixente Camiño Primitivo --319 kms e 5500 m de desnivel--, lanzouse a outro reto, a Ultrabalaton, unha carreira de 211 quilometros no lago Balaton, en Hungría.

Maite Rojo en Hungria, no Ultrabalaton
Maite Rojo en Hungria, no Ultrabalaton | Fonte: remitida

Foi a primeira española en realizar esta proba que tivo 27,000 participantes en moitas modalidades. Dos 356 apuntados na ultra, rematron 302 persoas. Maite Rojo quedou de 88ª e 20ª de mulleres. Precisamente, foi unha muller, Andrea Morocza, a primeira en rematar a carreira en 18 horas e 30 minutos, sacandolle unha hora a Radek Brunner, famoso polos seus triunfos en Spartathlon.

O ritmo de Maite non foi o desexable, en parte, polas molestias que arrastra desde o Camiño Primitivo. Unha sobrecarga no tibial dereito tras ese desafío fíxolle parar impacto e só realizou bici e elíptica, ademais de rehabilitación en todas as súas formas para poder correr esta ultra.

Como ela mesma conta, tamén tipo unha viaxe atropelada, con atraso de avión e perda de mochila antes de chegar a Hungría. Esta é a súa historia:

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta