Por Galicia Confidencial | Compostela | 28/04/2025 | Actualizada ás 15:56
Barrios da cidade de Ourense, como o da Ponte ou O Vinteún, ou de Mesoiro, na Coruña recuperaron a subministración eléctrica a partir das 14.10 horas. Con todo, a maior parte das cidades galegas segue sen subministro de luz. Con todo, algúns deste barrios volveron perder a electricidade pasadas algunhas horas.
Tamén a cidade de Lugo recuperou a subministración eléctrica, que tamén se estende xa a boa parte da provincia, no sur e norte, como Carballedo e Trabada, así como en zonas próximas do occidente asturiano, como Abres.
O subministro tamén se foi recuperando nalgunhas outras zonas de Galicia, pero a maior parte do país segue sen electricidade. Edificios públicos, universidades, hospitais e algunha empresa funcionan grazas ao uso de xeradores eléctricos.
Gasolineras e áreas comerciais están rexistrando colas importantes. Algúns establecementos pecharon ante a imposibilidade
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.