Por Galicia Confidencial | Vigo | 03/06/2012 | Actualizada ás 23:58
Os galegos non tiveron demasiados problemas para puntuar ante o Córdoba, xa que os andaluces tamén necesitaban un punto para clasificarse para o 'play-off' de ascenso. De feito, nos últimos días falouse moito sobre este partido, xa que un empate favorecía aos dous clubes. Con todo, o Valladolid, que precisaba gañar se quería ter algunha posibilidade de presionar ao Celta, acabou perdendo na casa 1-3 fronte ao Guadalaxara.
Precisamente, e logo deste resultado, o Córdoba queda sétimo e xogará as semifinais do 'play-off' ante o Valladolid.
Nove galegos
Este Celta que sobe a primeira é o máis galego dos últimos anos. Nove dos seus principais xogadores son do país e, moitos deles, saíron da canteira celeste. Precisamente, un deles, Iago Aspas foi o que hai tres anos conseguiu evitar con dous goles que o Celta descendera a Segunda B. Desde entón, o equipo vigués mellorou e xogou o play-off de ascenso a pasada tempada sen que a sorte o acompañara.
Dos nove, oito criaronse na Madroa, e o noveno, Álex López, estivo no Celta B antes de subir ao primeiro equipo. Neste Celta, ademais de Aspas e López, están o veterano Borja Oubiña e Roberto Lago, Hugo Mallo, Vila, Sergio, Túñez ou Toni.
Os celestes xa celebraban o ascenso polas rúas de Vigo antes do partido:
Por outra banda, o ascenso do Celta xa ten monicreques especiais:
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.