O Celta tamén é de primeira

O Celta de Vigo conseguiu este domingo o ascenso directo á Primeira despois de empatar ante o Córdoba (0-0). Os vigueses tiveron que agardar cinco anos para voltar a liga de ouro española. Vídeos no interior.

Por Galicia Confidencial | Vigo | 03/06/2012 | Actualizada ás 23:58

Comparte esta noticia

Os galegos non tiveron demasiados problemas para puntuar ante o Córdoba, xa que os andaluces tamén necesitaban un punto para clasificarse para o 'play-off' de ascenso. De feito, nos últimos días falouse moito sobre este partido, xa que un empate favorecía aos dous clubes. Con todo, o Valladolid, que precisaba gañar se quería ter algunha posibilidade de presionar ao Celta, acabou perdendo na casa 1-3 fronte ao Guadalaxara.

None

 

Precisamente, e logo deste resultado, o Córdoba queda sétimo e xogará as semifinais do 'play-off' ante o Valladolid.

 

Nove galegos

 

Este Celta que sobe a primeira é o máis galego dos últimos anos. Nove dos seus principais xogadores son do país e, moitos deles, saíron da canteira celeste. Precisamente, un deles, Iago Aspas foi o que hai tres anos conseguiu evitar con dous goles que o Celta descendera a Segunda B. Desde entón, o equipo vigués mellorou e xogou o play-off de ascenso a pasada tempada sen que a sorte o acompañara. 

 

Dos nove, oito criaronse na Madroa, e o noveno, Álex López, estivo no Celta B antes de subir ao primeiro equipo. Neste Celta, ademais de Aspas e López, están o veterano Borja Oubiña e Roberto Lago, Hugo Mallo, Vila, Sergio, Túñez ou Toni.

 

Os celestes xa celebraban o ascenso polas rúas de Vigo antes do partido:

 

 

Por outra banda, o ascenso do Celta xa ten monicreques especiais:

 

 

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 20 comentarios

2 undamariña

Noraboa ò Celta , è o ùnico equipo galego de primeira.Sentinme moi orgulloso ò ver como se respetaba o idioma, a bandeira .... en fin que teñen moito que aprender outros .......que o ùnico que son è unha pila de fachas sucesores de paquito el chocolatero la, la, la..... A queimalos para o derbi. Viva galicia e o Celta

1 Undasmariñas

Mariñao, se non es un troll localista-españolista que se dedica a sementar herba mala, entón é que es irremisibelmente zoupón. Parabéns ao Celta dun coruñés deportivista dos títulos que todo Galiza fixo seus.

2 compostelán

Os títulos do Dépor pódelos meter por onde queiras, eu non fixen meu nada que gañaran os "señoritos de La Coruña". Sempre se vos enche a boca dicindo que representades a Galiza, pero o certo é que Galiza non vos quere a vós. O Celta é un orgullo para a Nación galega (aínda sen títulos oficiais), o Deportivo de La Coruña non. Parabéns ao Celta polo ascenso e por apostar polos xogadores da casa.

1 Dende Madrid

Noraboa Celtinhas!!! Envexa dun Coruñés ao ver tanta bandeira Galega!! Agardo que os derbis sexan unha festa do futbol Galego!!! Forza Depor!! Forza Celta!! e forza o deporte Galego

1 Cerzeda Ceive!!!!!!!!!!!!!

Bandeira galega, pero falando castelan na TVG ajjajajajaj o Aspas este e un fenomeno.......Forza Depor!!!!!!!!!!!!!!!!!!

2 undamariña

a verdade è isa Cerceda, deume vergoña allea.Pero prefiroo antes que os fachas de la coru.

3 coruñés

Os fachas hainos en Vigo-club e en la coru, non xeneralices, pailán.

4 Dende Ourense

Comprendemos que o club de fans de Caballero/Vázquez sintan que o éxito do outro é o seu fracaso. Diso viven. Deberíades estar orgullosos de que fosen galegos Luís Suárez, Fran e Arsenio Iglesias, pero non vos dá a cabeciña localista para máis.